NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O obradoiro "Falando en verde" ofrece aos máis pequenos a posibilidade de descubrir en galego o seu contorno natural

27/08/2009

Falando en verde é o título do obradoiro ambiental e de descuberta do noso contorno que xa se impartiu do 22 ao 26 de xuño na Casa das Asociacións (Cornes). Do 1 ao 9 de setembro celébrase a segunda entrega deste taller, organizado pola Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística e impartido por Ventos, Estudos Ambientais. Está aberto o prazo de inscrición para este obradoiro, no que poden participar rapaces de 6 a 12 anos.

Ler máis

EDUCACIÓN

Todo listo para a edición de setembro da Escola Municipal de Verán

26/08/2009

A oitava edición da Escola Municipal de Verán abre as súas portas na súa convocatoria de setembro. Nos días previos ao comezo do curso escolar, preto de 300 rapaces por día terán a oportunidade de participar nun programa cunha completa oferta lúdica e educativa. Será os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro nos colexios López Ferreiro, Pío XII, Fontiñas e Colexiata do Sar.

Ler máis

CULTURA

Último mércores do Festival dos Abrazos coa danza contemporánea da compañía Erre que Erre e o piano de João Afonso

25/08/2009

A danza contemporánea atopa de novo como lugar idóneo un dos "espazos íntimos" propostos polo Festival dos Abrazos. No último mércores de Crea(c)ción en Aberto en Compostela, xa na recta final do festival, a recoñecida compañía barcelonesa Erre que Erre exhibe no xardín de Fonseca a súa peza No solo (de neuronas vive el cerebro enamorado), interpretada por Mariangeles Angulo e Mario G. Sáez.

Ler máis

ALCALDÍA

As obras nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire cambian radicalmente a imaxe urbana do barrio de Conxo

25/08/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras reurbanización do tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire, no barrio de Conxo, financiadas polos Fondos de Inversión Local (FIL). Estas obras supoñen unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que contará con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas praciñas.

Ler máis
Compartir: