CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a partir do 6 de setembro a preinscrición nas actividades dos centros socioculturais para o último trimestre do ano
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou a programación da rede de centros socioculturais para o último trimestre do ano. Dende este martes xa se pode consultar na web municipal e nos propios centros socioculturais a programación das nove zonas de traballo e o procedemento de preinscrición, que se pode facer tanto online como achegándose aos centros correspondentes. Acompañaron ao concelleiro na rolda de prensa o...
ACCIÓN CULTURAL
O WOS Festival presenta a súa sexta edición cun cartel cheo de estreas en España e algúns dos artistas máis relevantes do ano
WOS Festival x SON Estrella Galicia volverá situar Santiago de Compostela no corazón da exploración contemporánea e da creatividade de vangarda entre o mércores 11 e o domingo 15 de setembro, enchendo durante cinco xornadas a cidade con preto de medio centenar de actividades.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de estudantes da Universidade de Ratisbona (Alemania)
A primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón, recibiu en Raxoi un grupo de estudantes alemás que están a participar nos Cursos Internacionais da USC.