ALCALDÍA
Recepción ao alumnado dos colexios Carl-Benz-Gymnasium Ladenburg (Alemaña) e Peleteiro
A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu o alumnado do Colexio Carl-Benz-Gymnasium Ladenburg (Alemaña) e do Colexio Manuel Peleteiro, co que realizan un intercambio escolar. No acto tamén participou a voceira municipal do BNG, Goretti Sanmartín.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Concello pon a disposición dos colexios unha ampla lista de actividades de promoción do uso da lingua galega
O Departamento de Lingua retoma neste outono a súa programación dirixida aos centros de ensino, unha vez iniciado o novo curso 2019-2020. Continúan propostas de éxito como Enreguéifate, O Conto Viaxeiro, Club de Debate ou Youtubeir@s. Ademais, cada mes, o programa Apego seguirá ofrecendo un amplo calendario de actividades para as familias.
ACCIÓN CULTURAL
A Escola de Música de aCentral Folque inaugura un novo curso
Un novo curso para quen goste de aprender e saber da música galega comeza en Santiago de Compostela da man da Escola de Música de aCentral Folque a partires de outubro en diferentes centros socioculturais da cidade e no Auditorio de Galicia. Para todos os públicos e todas a inquietudes en diversas especialidades e en aulas individuais ou colectivas. Esta iniciativa recibe máis un ano o apoio do Concello de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o reparto de case 90.000 euros entre as asociacións veciñais
A Xunta de Goberno, reunida este mércores en sesión extraordinaria, resolveu a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais 2019. Na mesma xuntanza aprobouse a ampliación do prazo de execución das obras na rúa da Batalla de Clavijo ata o 31 de outubro.
MOBILIDADE E OBRAS
Todo listo para o inicio dos traballos de humanización do Campus Sur que realizarán Concello e USC
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o responsable de Barrios e Obras, Javier Fernández, achegáronse hoxe ata o Campus Sur para ultimar os detalles do inicio dos traballos de humanización da zona, que levarán a cabo conxuntamente o Concello e a USC. Estiveron acompañados do xerente da Universidade, Javier Ferreira; e do responsable de Proxectos Institucionais, Xosé Antonio Rubal.