ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o viceconselleiro de Cultura de Euskadi, Joxean Muñoz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron este martes o viceconselleiro de Cultura do País Vasco, Joxean Muñoz.
ECONOMÍA
A EDUSI renace como "Programa ReVive Santiago" e conta xa coa súa web
O Concello ven de poñer en marcha a nova web revivesantiago.gal, para facer máis clara e accesible toda a información vinculada á EDUSI, cuxas accións concretas forman parte do programa ReVive. Hoxe tamén se presentou a imaxe de marca, na véspera dun acto no Auditorio de Galicia que permitirá que a veciñanza e os diferentes colectivos da cidade coñezan en detalle as accións concretas que serán financiadas a través de fondos europeos FEDER.
DEPORTE
Santiago de Compostela acolle esta fin de semana unha proba do Campionato do Mundo de Enduro
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá dos detalles da proba do Campionato do Mundo de Enduro que se celebrará en Compostela os días 27, 29 e 29 de abril. Na presentación tamén estiveron a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda, e o piloto e inspector da FIM Enduro World Championship, Maurizio Micheluz.