OBRAS E CONVIVENCIA
Comezan as obras de humanización da avenida de Vilagarcía, que quedará mañá pechada ao tráfico
Xa están en marcha as obras de humanización da avenida de Vilagarcía, nas que se van investir 360.000 euros. A actuación ten un prazo de execución de 8 meses e, a partir deste martes, suporá alteracións no tráfico rodado. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, e o edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar todos os detalles da actuación e das afectacións que vai supoñer na circulación.
CONSORCIO
Aberto o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2018-2019. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
CONSORCIO
A Real Filharmonía estrea dúas obras encargadas aos compositores galegos Jacobo Gaspar e Antón Alcalde
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será o venres 20, ás 20:30 horas. E o sábado, ás 12:00 horas, repetirase parte do concerto de abono para o público máis novo e para as familias dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. En ambas as citas levará a batuta o director titular da agrupación, o mestre Paul Daniel.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música fai unha doazón á Cociña Económica
A Banda Municipal de Música, en colaboración con Gallery Trumpets, vén de facer unha doazón á Cociña Económica de Santiago. Trátase da cantidade recadada cos calendarios que editou a formación.
DEPORTE
A cidade acollerá a final do I Torneo de Fútbol Base "Camiños de Compostela"
A sede da Federación Galega de Fútbol, situada nos baixos do estadio de San Lázaro, acolleu esta mañá a presentación do Torneo Internacional de Fútbol Base Camiños de Compostela, que se celebrará en varios concellos entre o 4 e o 24 de xuño. A fase final terá lugar en Santiago. Na rolda participou a concelleira de Deporte, Noa Morales.
PATRIMONIO
Compostela acollerá o 12 de maio un dos concertos do V Ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio"
Este luns renovouse en Madrid o convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz/Escuela Superior de Música Reina Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que permite por en marcha a quinta edición do Ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España 2018. Este programa traerá a Santiago de Compostela un dos seus concertos o sábado 12 de maio.