COMERCIO
Preto de 30 expositores participarán no I Mercado do Libro e a Artesanía no marco da Festa do Banquete de Conxo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os detalles do primeiro Mercado do Libro e a Artesanía, que terá lugar na praza Aurelio Aguirre (diante do CSC de Conxo) durante a fin de semana do 21 e 22 de abril.
MEDIO AMBIENTE
Santiago liderará coa Tropa Verde unha das redes de transferencia do programa europeo Urbact
Santiago liderará unha das 25 redes de transferencia do programa europeo Urbact, de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sustentable e integrado. Farao a través do proxecto Tropa Verde, que a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia ten impulsado en colaboración coa empresa Teimas Desenvolvemento.
ALCALDÍA
Compostela acollerá do 3 ao 5 de maio as xornadas "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo"
Santiago converterase no próximo mes de maio na capital do Café Histórico, grazas á celebración das Xornadas Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo. Trátase dunha iniciativa pioneira que conta coa colaboración do Concello, e que se desenvolverá nos días 3, 4 e 5 de maio na sede da Fundación Torrente Ballester.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Trinta alumnos e alumnas de Santiago visitarán Vila Real no programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu esa mañá no salón verde do Pazo de Raxoi unha xuntanza do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, na que se aprobou o regulamento do programa de intercambios escolares, que se desenvolverá para o curso que vén entre os concellos da Eurorrexión.