TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade, no Salon des Vacances de Bruxelas
As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coas accións de promoción previstas no Plan Operativo 2018 cunha nova campaña internacional para a captación de viaxeiros no Salon des Vacances de Bruxelas, a feira de turismo máis importante de Bélxica.
CENTROS CÍVICOS
O programa "Entendendo a cidade" inicia unha nova etapa de roteiros
O programa Entendendo a cidade abre un novo calendario de roteiros pola cidade ata a Semana Santa. Desta volta faranse percorridos pola historia arquitectónica de Santiago, dende o Románico ao Clasicismo. Os roteiros realizaranse os martes, xoves e sábados, e os mércores haberá charlas sobre cada roteiro nos centos socioculturais de Fontiñas e do Ensanche. As camiñadas estarán guiadas polo historiador e animador sociocultural Eduardo Sánchez Novais. Para participar nestas actividades hai que preinscribirse chamando a...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno inicia a avaliación do servizo da auga para estudar posibles modelos de xestión
A Xunta de Goberno acordou hoxe designar ao director da Área de Espazos Cidadáns e Urbanismo como interventor técnico do contrato de abastecemento e saneamento da auga de Compostela, ao tempo que modificou a composición da Comisión Técnica para a avaliación do servizo. Trátase dos primeiros pasos para avaliar a situación actual do contrato, de cara a estudar posibles modelos de xestión ao remate da actual concesión, en maio de 2019. Nas próximas semanas tamén se contratarán dúas...
SAÚDE
O Concello súmase ao Día Mundial contra o Cancro iluminando de azul e laranxa o Pazo de Raxoi
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, tinguindo o Pazo de Raxoi de azul e laranxa. Este 4 de febreiro, o Día Mundial contra o Cancro pon o foco nos millóns de persoas de todo o mundo que teñen que afrontar as desigualdades no acceso a servizos de detección precoz, tratamento e coidados oncolóxicos.
ALCALDÍA E MOBILIDADE
O Pleno debaterá unha moción de solicitude de maior protección penal para peóns e ciclistas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, recibiron unha representación do colectivo Composcleta, encabezada polo seu presidente, Faustino Gómez. Este entregoulle ao rexedor unha carta na que solicita un acordo plenario para demandar ao Congreso dos Deputados a reforma do Código Penal en materia de tráfico e medidas para unha maior seguridade viaria e protección de peóns e ciclistas.
EMPREGO
Marta Lois inaugura o "Santiago Emprega VI", que formará a 85 mulleres
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asistiu esta mañá á apertura do programa de emprego integrado Santiago Emprega VI, dirixido a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral a través dun itinerario que contará con acción informativas, talleres ou asesoramento e coaching.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música rende homenaxe este domingo a Amador Santos Bartolomé
A tenente de alcalde, María Rozas, presentou esta mañá o concerto que a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá no Teatro Principal o vindeiro domingo, ás 12:00 h, para distinguir novamente a traxectoria do seu ex director Amador Santos Bartolomé. Rozas destacou a excelencia profesional do mestre e a riqueza da súa herdanza musical "logo de dedicar á dirección da banda a metade da vida, e facer de Compostela a protagonista de moitas das súas composicións orixinais".
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina máis de 600.000 euros ao mantemento de edificios e instalacións municipais
O Goberno destinará máis de 600.000 euros á conservación e mantemento de edificios e instalacións dependentes do Concello, e desa cifra máis de 400.000 euros serán para actuacións en centros educativos. Así se recolle na prórroga do contrato coa empresa Espina y Delfín, que hoxe aprobou a Xunta de Goberno.