XUNTA DE GOBERNO
O Goberno destinará case 350.000 euros ao arranxo da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios, unha actuación na que se van investir case 350.000 euros. O alcalde recordou que "nestas instalacións véñense rexistrando incidencias de maneira reincidente, relacionadas sobre todo coas filtracións de auga". Martiño Noriega apuntou que "estas obras son especialmente necesarias porque a cuberta do pavillón funciona tamén como patio de recreo do CEIP, que vén de celebrar o seu 50...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Anna Ferrer, presidenta da Fundación Vicente Ferrer
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer. A cooperante está a visitar varias cidades españolas para manter encontros con colaboradores e explicar o traballo da súa ONG.
SAÚDE
Actividades de concienciación, charlas e un gran mural para conmemorar o Día Mundial da Sida
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe, acompañada de Jorge Carballido, técnico da UMAD, as actividades organizadas polo Concello para concienciar sobre o VIH co gallo do Día Mundial da Sida.
MOBILIDADE
Balance positivo dos primeiros meses da municipalización da ORA
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade fixo hoxe balance da xestión directa da ORA e do guindastre por parte da empresa municipal Tussa, cando teñen pasado cinco meses dende a municipalización do servizo. Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque "este período de adaptación ten transcorrido sen incidencias maiores e sen que a calidade do servizo se vira diminuída, salvo nos primeiros días de transición, no mes de xuño". Adiantou tamén que o Goberno...