XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o convenio con Fomento para a integración ambiental da rotonda de Conxo
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e o Ministerio de Fomento para o desenvolvemento do proxecto de integración ambiental da rotonda elevada de Conxo. Dáse así un importante paso para o acondicionamento deste espazo, que a veciñanza do barrio viña reclamando dende a construción do túnel de Conxo.
IGUALDADE
Santiago de Compostela apela a que a loita contra as violencias machistas sexa unha "prioridade institucional e política"
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un acto de conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, no que participaron nove institutos de Santiago, Teo e Val do Dubra.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á modificación da zona de residentes de Pelamios-Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a modificación e ampliación das rúas con dereito a tarxeta de residentes na zona 8 de Pelamios-Vista Alegre. A tenenta de alcalde, María Rozas, explicou que "os cambios responden á demanda da veciñanza da zona, ante a limitación das prazas de aparcamento despois das obras de reurbanización de Vista Alegre".
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Maker Faire Galicia volve ser punto de encontro para os mellores creadores e creadoras de Galicia
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá na inauguración da cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra hoxe e mañá sábado na Cidade da Cultura. Durante o acto de apertura, a edila apuntou que "dende o Concello de Santiago témoslle especial querenza a este proxecto, que xurdiu hai algo máis de tres anos nun espazo como Área Central, e do que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas".
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa acolle este sábado dúas estreas absolutas: "Galveston" e "Loro"
Loro (Silvio e os outros) é, sen dúbida, un dos filmes estelares do ano que temos a grande fortuna de estrear aquí, en Cineuropa. Sorprende, cando menos, que un filme destas características non pasara por ningún festival estatal con anterioridade. Do caldo de cultivo conformado por Sorrentino, máis Berlusconi e o tremendo Toni Servillo xorde esta representación tan kitsch como certeira do ex primeiro ministro italiano nun reino da inmundicia a través dunha telenovela bárbara e casposa. A primeira das.../em>