EMPREGO
O Concello impulsa unha campaña para reclamar traballo digno no fogar e nos coidados
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe a campaña Traballo digno, no fogar e nos coidados, que impulsa o Concello de Santiago para visibilizar e investigar sobre a realidade de discriminación e vulneración na que se atopan as mulleres que traballan en emprego do fogar e en coidados. Na rolda estivo acompañada da coordinadora da mesma, Carmen Castro.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal celebra o centenario do nacemento de Leonard Bernstein con Isabel María Rubio como directora convidada
A Banda Municipal de Música converterá o seu concerto do próximo domingo no Teatro Principal nunha homenaxe a Leonard Bernstein, no centenario do nacemento do compositor. Farao, ademais, con Isabel María Rubio como directora convidada.
ALCALDÍA E SAÚDE
Compostela conmemora o Día Mundial da Diabetes
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, sumáronse hoxe á conmemoración do Día Mundial da Diabetes. Martiño Noriega e Concha Fernández achegáronse este mediodía á carpa informativa que a Asociación Compostelá de Diabéticos instala cada 14 de novembro na praza do Toural, onde tiveron oportunidade de controlar os seus niveis de glucosa.
CONSORCIO
Unha publicación analiza as monteas do século XVIII achadas na igrexa do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar o libro Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, unha obra do historiador Miguel Taín Guzmán e do arquitecto José Calvo López. Presentouse este mércores na Fundación Torrente Ballester. No acto estiveron, ademais dos autores, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan...
CONSORCIO
Este venres, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición que percorre os 170 anos da Banda Municipal
A exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, situada na Casa do Cabido dende mediados do pasado mes de setembro, fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes ata a actualidade. O derradeiro día para visitala é o vindeiro venres, 16 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
DECLARACIÓN
Santiago únese a outras 41 cidades do mundo para facer unha fronte común ante as grandes plataformas dixitais
Santiago de Compostela e outra 41 cidades de todo o mundo, como Amsterdam, Barcelona, Lisboa, Madrid, Montreal, Nova York, París, São Paulo, Seúl, Milán ou Viena uníronse mediante unha Declaración de Principios e Compromisos das Cidades Colaborativas para reivindicar a soberanía das cidades e facer fronte común para negociar coas grandes plataformas dixitais que xeran un impacto negativo coa súa actividade económica, como Airbnb ou Uber. Foi no marco da Sharing Cities Summit 2018, celebrada en Barcelona no marco da Smart...
EMPREGO
Preto de 3.500 persoas participaron en Talentia
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou hoxe Talentia 2018, o espazo aberto polo emprego que se desenvolveu no Palacio de Congresos os dias 13 e 14 de novembro, organizado polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago.
TURISMO
Santiago(é)tapas comeza este xoves con máis dun cento de tapas a concurso
Santiago(é)tapas celebra a súa undécima edición con 68 locais participantes, que presentarán 101 tapas a concurso entre o 15 de novembro e o 2 de decembro. Esta edición do concurso de Tapas de Santiago, coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela e co patrocinio principal de Mahou, ten importantes novidades, entre as que destaca que terá unha gran final, na que participarán 10 tapas finalistas.