ALCALDÍA
Moita música e contos na programación do Apego para o mes de outubro
O mes de outubro chega cargado de música, teatro e contos para os nenos e nenas, dentro da programación do Apego. As actividades arrancan o próximo sábado día seis, coa participación de nomes sobradamente coñecidos polas crianzas, como Pablo Díaz, Babaluva ou Papi e Mami.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o alumnado dominicano do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de alumnos e alumnas da República Dominicana que cursan o Máster en Deseño Aquitectónico que a Universidade da Coruña imparte en colaboración coa Universidade Pontificia dese país, O estudantado estivo acompañado polo arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.
CONVIVENCIA
Os Bombeiros composteláns retiraron máis de 700 niños de velutina entre xaneiro e setembro
Os Bombeiros de Santiago retiraron 710 niños de velutina entre xaneiro e setembro, 35 máis que no mesmo período de 2017. A actividade concentrouse nos meses de verán, con 591 niños retirados nos meses de xullo, agosto e setembro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Auditorio de Galicia acollerá o vindeiro 31 de outubro a Gala aRi[t]mar
O edil de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acudiu esta mañá á rolda de prensa de presentación da Gala aRi(t)mar, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e música ediada en Galicia e en Portugal. Na rolda estiveron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director da EOI, Gonzalo Constenla.
CENTROS CÍVICOS
O centro cívico de Conxo organiza un concerto do Coro Estudio na ingrexa da Mercé
A igrexa da Mercé de Conxo acolle mañá un concerto do Coro Estudio, organizado polo centro cívico do barrio. A cita será ás 20.30 horas, e a entrada é de balde.