IGUALDADE
A Deputación da Coruña súmase á campaña "En negro contra a violencia"
A Deputación da Coruña vén de adherirse á campaña En negro contra a violencia, unha iniciativa xurdida en 2015 no Concello de Santiago e á que se sumaron o ano pasado 17 concellos de toda Galicia.
IGUALDADE
Os nenos e nenas participantes no Verán CampUSC 2017 visitan Raxoi
Os nenos e nenas que participaron este ano no Verán CampUSC visitaron este mércores o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e outros membros da Corporación municipal. Este programa de conciliación está artellado pola USC e conta por segundo ano, coa colaboración do Concello de Santiago.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello conmemora o Día Mundial do Alzheimer coa estrea de "Na butaca", de Esther Carrodeguas
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a peza teatral Na butaca, da compañía ButacaZero, que se estreará en Compostela o vindeiro 21 de setembro. Na rolda tamén estiveron a dramaturga e directora, Esther Carrodeguas; a actriz Pepa Barreiro; o director de Galaxia, Francisco Castro, e a presidenta de Agadea, Isabel Gey.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de estudantes alemáns que participan nos Cursos de Verán da USC
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e outros/as integrantes da Corporación recibiron un grupo de estudantes da cidade alemá de Regensburg. Estes alumnos/as participan nos Cursos de Verán da USC nos que se imparten clases de lingua española.
ALCALDÍA
Retirado o escudo franquista da antiga escola de Amio
O Goberno local vén de retirar o escudo franquista que coroaba a antiga escola de Amio. Dáselle cumprimento así ao artigo 15.1 da Lei de Memoria Histórica, que determina que "as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura". Ao mesmo tempo, tamén se lle da...