EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción en Raxoi a alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibiu un grupo de alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, unha vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin. Xunto a eles estiveron escolares do Colexio Manuel Peleteiro, cos que manteñen un intercambio.
MEDIO AMBIENTE
A campaña "Porta a Porta" permitiu a recollida de 190 toneladas de vidro
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, xunto coa directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, entregou os premios da campaña Porta a Porta, de recollida de vidro para reciclaxe en locais de ocio. A edición deste ano permitiu a recollida de 190 toneladas de vidro entre os meses de maio e agosto.
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este luns unha vítima na localidade de Canteras, en Cartagena (Murcia).
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa un relatorio sobre a avespa velutina e un obradoiro sobre cosmética natural
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) continúa en outubro co seu programa de actividades. Este mes están previstos un relatorio sobre a avespa velutina, un obradoiro sobre cosmética natural e o habitual roteiro polo parque de Belvís.
MOBILIDADE
Persoeiros da televisión, o cine ou o deporte "póñense no lugar" das persoas con mobilidade reducida
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Santiago e Cogami colaboraron na organización dun roteiro en cadeira de rodas pola cidade, baixo o lema "Ponte no meu lugar". O obxectivo da iniciativa, enmarcada na Semana da Mobilidade, é "mostrar que nas nosas rúas temos moitas máis barreiras das que apreciamos a simple vista, e que os problemas de accesibilidade non se solucionan unicamente con rebaixes nas beirarrúas".
CONVIVENCIA
O túnel do Hórreo acolleu un simulacro de accidente
O túnel do Hórreo foi escenario dun simulacro de accidente no seu interior. Os exercicios de adestramento realizáronse entre a 01:09 e as 02:00 horas da madrugada. Neste simulacro participaron equipos de Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, 061 e da empresa adxudicataria do mantemento do túnel.