DEPORTE
A VI edición do CorreSan arranca este sábado coa proba nocturna polas rúas da cidade histórica
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este martes a VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O CorreSan 2017, que ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón", contará con catro probas. A primeira será este mesmo sábado, 16 de setembro, co percorrido nocturno pola cidade histórica.
MEDIO AMBIENTE
Concello e Santiago Futsal colaboran nunha campaña para animar á reciclaxe
Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Deporte, Noa Morales, xunto co presidente do Santiago Futsal, Ramón García, presentaron unha nova campaña de fomento da reciclaxe na que colaboran o Concello e o club compostelán. O equipo levará o lema "O Santiago Futsal recicla" durante esta tempada 2017-2018.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle a estrea de "A canción do elefante", de Redrum Teatro
Do mércores 13 ao sábado 16 de setembro, ás 20:30 horas., a compañía Redrum Teatro estrea en Compostela a súa nova produción teatral. A canción do elefante é un thriller de corte psicolóxico, inspirado na obra orixinal The elephant song, do canadense Nicholas Billon. Álex Sampayo dirixe unha peza desacougante e precisa, cunha traballada construción dos personaxes ás que poñen corpo e voz Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto trae a Galicia á lendaria banda alemá faUSt
FaUSt actuará este outono en Compostela dentro da programación de concertos de Curtocircuíto, da que tamén forman parte o músico e performer francés Álex Augier, os norteamericanos Horse Lords e os live sets de Ricardo Remédio e Álex Silva, entre outros. O festival reforza así a súa proposta de marcado carácter interdisciplinario, cunha oferta musical que xa acolleu en edicións anteriores bandas internacionais como Moon Duo, Peter Broderick, Sensible Soccers, The Cosmic Dead, Toy.../em>