ALCALDÍA
O alcalde participa na manifestación convocada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na manifestación convocada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia, cando se cumpren catro anos do accidente que causou a morte de 81 persoas. A concentración contaba co respaldo do Concello de Santiago, en virtude da moción aprobada no pasado Pleno da Corporación.
FESTAS
O concerto de bandas galegas e o inicio do ciclo Compostela é! Música protagonizan o 25 de xullo
Chega ao 25 de xullo, Día de Galicia, cunha programación de festas marcada pola tradición e polos grupos galegos nunha xornada cuxos actos comezarán ás dez da mañá e non rematarán ata entrada a madrugada.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo repasaron a historia festeira de Compostela
Noite grande en Compostela coa celebración dos Fogos do Apóstolo, preludio do día grande das festas. A praza do Obradoiro e diversos puntos da cidade enchéronse un ano máis para presenciar o espectáculo audiovisual e pirotécnico que este ano realizou Acciona Producciones y Deseño, acompañado na parte pirotécnica por Ricardo Caballer.
CONSORCIO
O Consorcio destina 150.000 euros en axudas para obras na envolvente exterior dos edificios da cidade histórica
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo e o concerto institucional previo protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia, o Consorcio de Santiago celebrou este luns súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.