POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela súmase ao Día Mundial contra as Drogas iluminando de verde o Pazo de Raxoi
Santiago, xunto a outros concellos do Estado como Valencia, Murcia, Oviedo, Bilbao, Valladolid, Salamanca, Santander, Zaragoza, Toledo e Torrelodones, súmase a esta acción de sensibilización que se realiza hoxe, 26 de xuño, no Día Mundial contra as Drogas.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas de violencia machista
A Praza do Obradoiro volveu acoller unha concentración polas últimas vítimas de violencia machista, dúas mulleres que foron asasinadas esta fin de semana en Salou (Tarragona) e Sevilla.
EDUCACIÓN
O Concello recoñece o traballo do profesorado de Infantil e Primaria que se xubila este ano
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu este mediodía a recepción aos profesores e profesoras dos centros de Educación Infantil e Primaria que se xubilan ou xubilaron ao longo deste ano. No acto tamén participou o concelleiro de Educación, Manuel Dios, así como representantes de todos os grupos da corporación.
TURISMO E IGUALDADE
Catro ilustradoras debuxarán o camiño dende Porto ata Compostela
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá a iniciativa "Camiña o camiño" desenvolvida por Turismo de Santiago e El Patito Editorial con financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.