DEPORTE
A IV Jamboree Minibasket reunirá en Santiago a case 350 deportistas
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente e da secretaria da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Picó e Susana Fiuza, presentou esta mañá os detalles da IV Jamboree Minibasket que se celebra dende hoxe e ata o domingo 25 de xuño.
TURISMO
O Festival de San Xoán encherá de actividades a Praza de Mazarelos
O evento, organizado por Turismo de Santiago para promocionar a tradición das Festas de San Xoán na cidade, celebrarase do 22 ao 24 de xuño.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O concelleiro Xan Duro reúnese coa veciñanza de Cornes
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitou hoxe o barrio de Cornes, acompañado por varios representantes da veciñanza. Segundo lle explicaron, as súas principais demandas están relacionadas co tráfico que circula pola zona.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O grupo ICEDE da USC asesora ao persoal municipal sobre estratexias de Economía Circular
O catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence, coordinador do grupo de investigación ICEDE, foi hoxe o encargado de impartir o seminario "Estratexia Urbana e Economía Circular" dirixido ao persoal técnico do Concello de Santiago vinculado á implementación da EDUSI. O foro estivo impulsado pola concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo que dirixe Marta Lois.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os grupos de teatro dos Centros Socioculturais mostrarán o seu traballo no Principal
O Teatro Principal acollerá do 27 ao 30 de xuño a Mostra de Teatro organizada pola rede de Centros Socioculturais. O ciclo foi presentado hoxe pola concelleira Concha Fernández, que salientou "a gran oportunidade que supón para os grupos de teatro afeccionado poder participar neste certame, e o especial que é para eles actuar no escenario máis emblemático de Compostela".
IGUALDADE
O Concello e a USC editan o ensaio de María Reimóndez gañador do I Premio Xohana Torres
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o ensaio de María Reimóndez Corpos Exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure editado pola USC e o Concello de Santiago. Na rolda estiveron a vicerreitora de Estudantes da USC, Dolores Álvarez; o director de publicacións da Universidade, Juan Blanco; a autora da obra, María Reimóndez e a poeta canadiense Erín Moure.
CONVIVENCIA
Compostela vivirá intensamente o San Xoán con 60 cacharelas públicas e máis de 280 privadas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia fixo hoxe un chamado ao sentido común e á responsabilidade da veciñanza "para evitar incidentes na noite de San Xoán, nun momento no que estamos en alto risco de incendios". Xan Duro compareceu en rolda de prensa para lembrar as normas de seguridade que rexerán nestas celebracións.