IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima en Alcolea del Río (Sevilla).
ALCALDÍA
Martiño Noriega asistiu na praza do Obradoiro a un simulacro do programa "Acude e Axuda"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu na praza do Obradoiro a un simulacro no que amosou o funcionamento do programa Acude e Axuda, de asistencia precoz á parada cardiorrespiratoria en lugares públicos por persoal voluntario acreditado no manexo de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA). Nesta iniciativa colaboran o Sergas, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Cruz Vermella e a Sociedade Española de Cardioloxía.
POLÍTICAS SOCIAIS
Área Central acolle a V edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá a quinta edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, que dende 2013 organiza a rede comunitaria de Fontiñas. Na rolda estivo acompañada de representantes das entidades que participan na organización do evento.
LINGUA
O alcalde pídelle aos participantes no Correlingua que "vivan e amen en galego"
O alcalde participou este mediodía no acto celebrado na praza da Quintana como peche do Correlingua 2017. Na carreira participaron centos de estudantes de centros de ensino de Santiago e da súa área de influencia. Desta vez, a proba celebrouse co lema "En galego, sen cancelas". Martiño Noriega saudou aos participantes, aos que invitou a "vivir e amar en galego", e lembroulles que "dos mozos e mozas do país depende que teñamos mil primaveras máis para a nosa lingua".
COMERCIO
Novas funcionalidades e máis premios na aplicación "Desafío Comercial SCQ"
Desafío Comercial SCQ, unha aplicación para coñecer a cara máis insólita dos comercios de Santiago que arrancou o mes de novembro do ano pasado, renóvase con novas funcionalidades e novos premios. A app está dispoñible en Apple Store e Play Store.
ALCALDÍA
O Pleno debaterá na sesión deste mes a xestión do servizo da ORA e do guindastre por Tussa
O alcalde anunciou este luns que o grupo de Goberno levará ao pleno do mes de maio a proposta para que Tussa se encargue da xestión do servizo da ORA e do guindastre. Martiño Noriega explicou que a decisión está amparada pola Asesoría Xurídica do Concello, que entende que "a aprobación inicial deste acordo non suporía adoptar ningunha decisión irreversible".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as representacións no Principal do XXII Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal continúa acollendo as representacións dos grupos de Secundaria no XXII Certame de Teatro Intercentros. Este luns foi a vez do IES Pontepedria e dos dous grupos do IES Rosalía de Castro, tras abrir o certame o IES Eduardo Pondal o pasado 2 de maio. Este martes subirán ás táboas do Principal os grupos de teatro do IES Arcebispo Xelmírez I, do IES Antón Fraguas e do CPPI dos Dices de Rois.