COMERCIO
O Concello pon en marcha un Mapa Comercial coa información dos establecementos da cidade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o novo enderezo electrónico posto en marcha polo Departamento de Comercio para amosar a oferta comercial da nosa cidade.
DEPORTE
A praza da Quintana albergará a IV edición do torneo "Cidade do Futsal"
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente do Santiago Futsal, Ramón García, e do xerente de Viaqua, Julio Masid, presentou esta mañá os detalles da IV edición do torneo Cidade do Futsal, organizado polo Santiago Futsal, o Concello de Santiago e Viaqua.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia
O Consorcio de Santiago acaba de licitar as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia. As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 8 de maio para presentar as súas ofertas. O prazo de execución estimado destes traballos será duns dez meses.
ALCALDÍA
Santiago presenta a súa candidatura á segunda convocatoria europea "Urban Innovative Actions"
O Concello de Santiago vai presentar a súa candidatura á segunda convocatoria europea do programa Urban Innovative Actions. Farao a través dun proxecto impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, e dentro da temática "Economía circular".
ALCALDÍA
O alcalde reunirase o vindeiro 26 de abril co ministro de Fomento para abordar as infraestruturas pendentes na cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reunirase o próximo 26 de abril co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan as infraestruturas pendentes na cidade. A xuntanza foi fixada esta mañá en resposta á petición que fora formulada desde o Concello o 14 de novembro de 2016, e reiterada o pasado 4 de abril.