ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello construirá un aparcadoiro na avenida de Ferrol para satisfacer as demandas veciñais do barrio de Conxo
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reuniuse este xoves cos representantes da asociación de veciños Conxo Aberto e a de comerciantes Esperta Conxo.
TURISMO
O alcalde participa na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio no marco de Fitur 2016
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu en Madrid á Asemblea de Alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A continuación participou nos diferentes actos promocionais do Grupo en Fitur e na sinatura dun convenio de colaboración con Paradores.
TURISMO
Nova web e aplicación móbil con información sobre accesibilidade turística das Cidades Patrimonio da Humanidade
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) presentou en Fitur 2016 a súa nova páxina web e aplicación móbil Ciudades Patrimonio Accesibles. Ambas ferramentas foron creadas polo GCPHE coa colaboración da Plataforma Representativa de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) e coa colaboración no seu financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Belas Artes.
MEDIO AMBIENTE
Comezan as actividades no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela cun obradoiro de fabricación de xoguetes
O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís está iniciando unha nova etapa, e para a súa reapertura preparou un amplo programa de actividades deseñadas pola cooperativa Feitoría Verde. A primeira delas será este sábado, 23 de xaneiro, cun obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo.
TURISMO
Turismo promociona a cidade en Irlanda
Turismo de Santiago participa na Holiday World Show, a principal feira turística do mercado irlandés, un dos mercados que está tendo un maior crecemento na cidade nos últimos anos, tanto en número de peregrinos como en turistas que visitan a cidade para short breaks, aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a programación dos centros socioculturais para o primeiro trimestre do ano
A Xunta de Goberno aprobou este venres a programación de actividades regulares dos centros socioculturais para o período comprendido entre xaneiro e marzo de 2016. Tamén se deu o visto bo a un novo convenio coa asociación Cidade Vella.
MOBILIDADE
Éxito de participación no primeiro plenario do Pacto pola Mobilidade
Preto de 80 persoas participaron esta semana no primeiro plenario do Pacto pola Mobilidade, unha das mesas de traballo previas á elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. O encontro, centrado nos temas do vehículo privado e o aparcamento, contou coa intervención de Juan Requejo Liberal, un recoñecido experto en mobilidade, turismo e cidade histórica.