CONVIVENCIA
A Policía Local realiza unha campaña de vixilancia do transporte escolar
A Policía Local de Compostela adhírese á Campaña especial de control do transporte escolar impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Realízase dende este luns 30 de novembro e ata o vindeiro venres 4 de decembro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela súmase á celebración do Día Universal dos Dereitos Humanos
O 10 de decembro celébrase o Día Universal dos Dereitos Humanos, e o Concello de Compostela vaise sumar á conmemoración cun programa de actividades deseñado pola Concellaría de Educación e Cidadanía. O edil Manuel Dios deu este martes todos os detalles dos actos, acompañado pola presidenta do Seminario Galego de Educación para a Paz, Inmaculada Rúa, e Timoteo Gutiérrez, deputado do Colexio de Avogados de Santiago.
SAÚDE
O Concello conmemora o Día Mundial do SIDA con múltiples actividades
O Concello de Santiago conmemora este 1 de decembro o Día Mundial do SIDA con numerosas actividades, entre as que destaca o lazo de 2 x 10 metros que se colocou na praza do Obradoiro ou a iluminación do Pazo de Raxoi e das Torres Hedjuk de vermello.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece esta semana dous concertos didácticos para colexios
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos didácticos para estudantes de primaria e secundaria, o primeiro este mércores e o segundo o xoves. Ambas citas terán lugar ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. Dirixirá a orquestra o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata a terceira fase da restauración das reixas das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago interveu no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara. A obra, que se executou en tres meses, cun orzamento global de 40.931,98 euros, realizouna a empresa Construcciones y Rehabilitaciones Torres Cambre. Trátase da terceira fase da intervención, xa que en actuacións anteriores o Consorcio xa promoveu a restauración de varios tramos de reixas da fachada deste inmoble.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros "Medrar en familia"
Dende hai uns anos, os centros socioculturais levan a cabo actividades para familias con crianzas de 0 a 3 anos, abrindo unha vía de actividades lúdicas e educativas para fomentar o desenvolvemento físico, emocional e cognitivo dos máis pequenos. Neste marco volven durante as datas de Nadal os obradoiros Medrar en familia, para os que este martes queda aberta a inscrición. Cada taller dispón de prazas para 12 familias.
CONVIVENCIA
Activado o dispositivo fronte ás xeadas
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia, puxo en marcha na pasada noite, por vez primeira no outono, o operativo especial contra as xeadas. A caída das temperaturas nos últimos días motivou que se activara o dispositivo, no que participan a Policía Local, Protección Civil e os técnicos de Urbaser.
ACCIÓN CULTURAL
O filme "Frankenstein-04155" gaña a XXIX edición do festival Cineuropa, á que asistiron preto de 30.000 espectadores
Cineuropa rematou o pasado domingo, 29 de novembro, a súa 29ª edición, na que puidemos ver máis de 300 filmes. En total foron 29.700 persoas as que asistiron ás proxeccións, incluídas as acompañadas con música en directo da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía de Galicia. Esta XXIX edición foi ademais a de maior número de películas da historia: 302 filmes inseridos en 21 seccións e cunha sección oficial, buque insignia do festival, que tamén bateu récords con...
ALCALDÍA
O alcalde participa na entrega dos premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións
O alcalde de Santiago participou este mediodía, na Cidade da Cultura, no acto de entrega dos Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións, que por primeira vez nas súas nove edicións se celebrou en Galicia. Martiño Noriega foi o encargado de abrir o acto, cunha intervención na que loubou a iniciativa da Fundación Vodafone España, que premia iniciativas que botan man das Tecnoloxías da Información e a Comunicación cun fin último de carácter social.