POLÍTICAS SOCIAIS
Vinte mulleres xitanas participan en Santiago nun programa de inclusión social e laboral
As participantes no programa Sara-Romí pasaron este luns polo Pazo de Raxoi. Esta visita ao Concello forma parte das actividades de motivación persoal e de coñecemento dos recurso da cidade incluídas nesta iniciativa, realizada pola Fundación Secretariado Xitano. As 20 mulleres foron recibidas pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e tamén recibiron o saúdo do alcalde, Martiño Noriega, no salón de plenos. Logo, o programa foi presentado en rolda de prensa.
COMERCIO
O "Nadal sobre rodas" e "As bolboretas de Nadal" achegarán a programación navideña aos barrios e parroquias de Compostela
As actividades deste Nadal chegarán a todas e a todos coa descentralización da programación navideña, grazas a actividades como o Nadal sobre rodas ou As bolboretas de Nadal.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reitera o seu apoio ás mobilizacións do sector lácteo galego
O alcalde de Santiago volveu expresar hoxe o seu respaldo e o do Goberno compostelán ás mobilizacións dos gandeiros galegos, que poñen en marcha unha nova campaña para reivindicar un prezo xusto para o leite. Por iso, Martiño Noriega acompañou hoxe nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi aos representantes da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego. Óscar Pose (Unións Agrarias), Anxo Escariz (Organización de Produtores de Leite) e Tomás Díaz (Organización Rural Galega) deron conta do...
CONSORCIO
Radio Galicia-Cadena SER premia o talento da Real Filharmonía de Galicia nos seus Premios SERenidade 2015
Radio Galicia-Cadena SER celebra a cuarta edición dos premios SERenidade recoñecendo o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vencelladas a Galicia. Nesta edición a emisora quere premiar de maneira especial o traballo que desenvolve a Real Filharmonía de Galicia.
CONSORCIO
O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquestra Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense cinco prazas para músicos externos ao centro.
CONVIVENCIA
Os veciños da rúa Otero Pedrayo poden solicitar as súas tarxetas de estacionamento de residentes a partir deste martes
Este martes, 1 de decembro, ábrese o prazo de solicitude de tarxetas de residentes para os veciños da rúa Otero Pedrayo, que se vai incorporar ás zonas verdes de aparcamento.