CONVIVENCIA
O Goberno local ultima o operativo para afrontar as xeadas do inverno
O Concello de Santiago está ultimando o operativo para afrontar as posibles xeadas do inverno. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presidiu este martes unha xuntanza coa Policía Local, Protección Civil e os técnicos de Urbaser, na que se revisou o protocolo de intervención ante neve ou xeo. Ademais, na reunión quedou constancia de que o Concello xa ten almacenadas cinco toneladas de sal para botar polas estradas cando sexa necesario.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remata o programa "Imos de excursión 2015" cunha viaxe de Nadal a Portugal
A Concellaría de Acción Cultural pecha a programación Imos de excursión 2015 este 13 de decembro coa xa clásica saída a Portugal, para que as persoas maiores de 55 anos gocen dunha xornada de encontro. Dende este martes, 24 de novembro, a partir das 17:00 horas, está aberto o prazo de inscrición nos centros socioculturais.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello organiza unha xornada sobre os beneficios da peme innovadora
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presentou a xornada Beneficios da Peme Innovadora, que se celebrará o martes 1 de decembro no edificio Cersia (rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n) – San Lázaro) Participarán diferentes expertos que explicarán as características do novo selo para as PEMES innovadoras que concede o Ministerio de Economía e Facenda.
CONVIVENCIA
A Policía Local formou en educación viaria aos escolares do CEE Manuel López Navalón
Axentes da Policía Local desprazáronse este martes ata o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, para impartir formación sobre educación viaria aos alumnos e alumnas deste centro compostelán. Organizados en dous grupos, os escolares participaron nunha charla sobre educación viaria e tamén no programa "Coñece a túa cidade".
IGUALDADE
A campaña Compostela en Negro pon o broche de ouro cun vídeo no que participan voluntarios e comercios adheridos
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, a deseñadora da campaña Compostela en Negro, Uqui Permui, e a responsable da súa coordinación técnica, Lucía Canoura estiveron esta mañá no Teatro Principal para presentar a parte audiovisual desta campaña, promovida dende a Concellaría de Igualdade.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Cidade da Cultura acolle a cen empresas que participan nunha nova edición da xornada de dinamización Getting Contacts
A Cidade da Cultura acolle o xoves 26 unha nova edición de Getting Contacts, xornada de encontro e intercambio empresarial, organizada pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago, co financiamento da Deputación de Coruña, dentro do programa Compostela Móvese. Está previsto que participen arredor de cen empresas.
ACCIÓN CULTURAL
"Paulina", "El Incendio" e "Nahid" para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Salón Teatro acollerá a proxección de tres películas multipremiadas este ano en Cannes, Berlín e San Sebastián, as arxentinas Paulina e El Incendio, e a iraniana Nahid, que conflúen en abordar desde posturas nada compracentes e abertas ao debate a violencia exercida contra a muller de xeito individual ou desde unha política de Estado. Estas proxeccións de Cineuropa, en colaboración coa Concellaría de Igualdade, serven para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da.../em>