CONVIVENCIA
O alcalde acompaña aos nenos ao colexio, dentro da campaña Colecamiños
26 alumnos e alumnas do CEIP Pío XII sumáronse xa ao programa impulsado pola Policía Local para que os cativos vaian andando á escola.
ALCALDÍA
O alcalde participa na concentración das vítimas do Alvia fronte aos xulgados de Fontiñas
Martiño Noriega acode á concentración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155 para amosarlle ao seu apoio tras o peche da instrución.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato de roza dos viais municipais
O martes 15 de outubro comezarán os traballos para desbrozar 400 kilómetros de pistas nas 21 parroquias do rural.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música imparte o Seminario de Músicas Tradicionais coordinado polo profesor Pablo Pascual
O proxecto comprende seis áreas instrumentais con formación para a realización de arranxos musicais e teoría da música galega.
TURISMO
Máis de 50 relatores, 1.200 citas comerciais e 19 países conforman FairWay, o I Forum do Camiño de Santiago
A cita, que se celebrará na Cidade da Cultura do 15 ao 18 de outubro, aúna por vez primeira congreso e feira profesional. Como complemento á programación e o espazo expositivo puxéronse en marcha actividades paralelas na cidade. Os peregrinos poderán acceder gratuitamente ao evento coa Compostela, ademais a organización ofrece prezos especiais en aloxamentos e transporte.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro énchese de pegadas nunha acción creativa en prol da igualdade
O camiño da Igualdade quere facer visible o apoio da cidadanía para chegar a unha sociedade igualitaria.
CULTURA
O cineasta Aki Kaurismäki visitará Curtocircuíto
O festival internacional de cinema Curtocircuíto consolida a súa nova etapa coa presenza do mestre finés Aki Kaurismäki. Esta é a primeira dunha serie de sorpresas que traerá o festival na súa próxima edición, do 6 ao 11 de outubro.
ACCIÓN CULTURAL
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Celébrase unha nova sesión do programa "Imos ao baile". A cita é este sábado 10 de outubro a partir das 17:30 horas no Centro Sociocultural de Santa Marta.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia encarga un informe sobre os puntos negros da cidade en caso de temporal
Xan Duro presidiu esta mañá unha reunión para analizar as causas das inundacións do pasado luns.
CONSORCIO
O Consorcio reparou a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla
As obras, cun orzamento de 18.554,44 euros, centráronse na renovación das tellas e na eliminación da vexetación.