DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Área Central acolle este sábado a feira de inventores "Compostela Maker Faire"
O Centro Comercial acollerá durante toda a xornada un escaparate de invencións, creatividade e inxenio pensado para todos os públicos.
ALCALDÍA
O presidente da Deputación, de visita institucional no Concello
Valentín González Formoso expresou o seu apoio á iniciativa liderada por Compostela para comarcalizar os servizos de Emerxencias. Martiño Noriega e o presidente da Deputación estudaron fórmulas para a apertura da ludoteca de Fontiñas.
ACCIÓN CULTURAL
Ábrese o prazo para inscribirse na viaxe termal a o balneario de Lobios
Os interesados poderán facelo a partir das 17.00 horas de hoxe xoves 15 de outubro, de forma prensencial nos centros socioculturais.
ACCIÓN CULTURAL
Nova sesión de baile no CSC do Castiñeiriño
Celébrase unha nova sesión do programa "Imos ao baile". A cita é este sábado 17 de outubro a partir das 17:30 horas no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
CONSORCIO
O Consorcio participa nun proxecto da Unión Europea para mellorar a xestión da auga nas cidades, en especial nas de valor patrimonial
Supón un investimento superior aos 2,6 millóns de euros, cun financiamento europeo do 60%.
TURISMO
FairWay abre as súas portas a catro xornadas de reflexión, traballo e comercialización en torno ao Camiño de Santiago
Ata o domingo daranse cita en Compostela máis de 50 relatores, turoperadores e expositores procedentes de 19 países neste evento para todos os públicos que xunta por vez primeira congreso e feira profesional. Na inauguración estiveron presentes Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Rafael Sánchez Bargiela, xerente de Xacobeo, entre outras autoridades. A organización facilita o acceso á feira, que se celebra na Cidade da Cultura de 10:00 a 19:30 horas, a través de autobuses lanzadeira que unen cada media hora a Praza de Galicia...
ALCALDÍA
O alcalde recibe a directiva de Área Central
O alcalde recibiu esta mañá ao xerente de Área Central. Foi unha primeira toma de contacto entre Martiño Noriega e Javier González, que ocupa ese posto na superficie comercial desde o pasado mes de abril.