ALCALDÍA
O Concello creará un grande itinerario natural polas ribeiras do Sar e do Sarela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que o Concello xa está traballando na creación dun "grande itinerario natural" polas ribeiras dos ríos Sar e Sarela. Así o comunicou durante a visita que esta mañá realizou, na compaña do director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, aos traballos de conservación e mantemento no río Sar que executa esta entidade autonómica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Outono Fotográfico chega un ano máis aos centros socioculturais de Compostela
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis co Outono Fotográfico en Santiago de Compostela. O festival, promovido pola Fundación Benito Losada, cumpre a súa XXXII edición, con presenza nos locais socioculturais da cidade ata finais deste 2014.
CULTURA E EDUCACIÓN
O 31 de outubro remata o prazo de inscrición na segunda edición do programa pedagóxico para escolares "Aula de Patrimonio"
O venres 31 de outubro remata o prazo para que os centros escolares das 15 cidades Patrimonio da Humanidade de España envíen a solicitude de participación na segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio. O obxectivo desta actividade, na que participaron preto de 400 alumnos na súa anterior edición, é que os mozos que viven e estudan nas Cidades Patrimonio aprendan a coñecer e valorar non só a súa propia cidade, senón o resto de cidades que ostentan o mesmo título outorgado pola...
SERVIZOS SOCIAIS
Gabriel Tizón impartiu en Compostela unha clase maxistral de fotografía social
As clases maxistrais de fotografía social impartidas por Gabriel Tizón e promovidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nos seus concellos socios chegaron a Santiago de Compostela. O IES Xelmírez I acolleu esta actividade organizada en colaboración coa administración local. A proposta encádrase na segunda edición do concurso Imaxes con Fondo, coa idea de promover a participación e reflexionar sobre o contido das imaxes e o mundo que constrúen.