DEPORTES
Os XV Xogos de Atletismo Special Olympics Galicia reunirán en Santiago 234 deportistas
As instalacións de atletismo da Universidade de Santiago no Campus Sur acollerán este sábado, 4 de outubro, os XV Xogos Autonómicos de Atletismo para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. O evento reunirá un total de 370 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.
DEPORTES
Sendeirismo solidario polas paraxes naturais de Compostela na XIII Camiñada ao Pedroso
A praza do Obradoiro acollerá este domingo 5 de outubro, ás 10:00 horas, a saída da XIII Camiñada ao Pedroso, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Esta andaina solidaria, cuxa recadación irá integramente a UNICEF, foi presentada en rolda de prensa polo concelleira de Deportes, María José Corral, acompañada por Iñaki Bilbao, presidente da sección de Montaña do club organizador, e Marta Andrade, en representación de UNICEF.
ALCALDÍA
Agustín Hernández visitou as instalacións da empresa compostelá Coremain
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as instalacións de Coremain, empresa compostelá que ten a súa sede corporativa no parque empresarial da Costa Vella.
ALCALDÍA
O alcalde defende que "traballar polo benestar dos maiores significa traballar polo benestar do conxunto da nosa sociedade"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou nos actos de celebración do Día do Maior, organizados pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos e celebrados no Colexio Maior San Agustín, e aos que tamén asistiu a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Os maiores de 65 anos son un colectivo que en Santiago suma máis de 18.000 persoas, o que equivale a un de cada cinco habitantes do municipio.
TURISMO
Presentado o libro "Buen Camino", o relato persoal sobre o Camiño de José Pedro García
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou en Raxoi o libro Buen Camino, de José Pedro García. O propio autor foi o encargado de describir a publicación, que relata a experiencia transformadora que para el supuxo a ruta a Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reivindica a importancia de Xulio Maside na historia da arte en Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou unha nova exposición antolóxica de Xulio Maside, que estará no Auditorio de Galicia ata xaneiro de 2015. No acto tamén estiveron presentes o propio artista; a súa dona, Mª Esther Rodríguez; e a comisaria da exposición, Mercedes Rozas.
EDUCACIÓN
Programa de visitas escolares guiadas á exposición "O Asorey descoñecido"
A colaboración estable entre a Asociación Cultural Francisco Asorey e o Concello de Santiago de Compostela, conxuntamente coa Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Santiago, fai posible a exposición O Asorey descoñecido, que estará no Pazo de Fonseca do 1 ao 31 de outubro. Para promover a participación dos centros de ensino de educación primaria e secundaria de Santiago e comarca, está prevista a realización de visitas guiadas á exposición. Comezarán o 2 de outubro e...
CONSORCIO
Unha nova publicación achéganos á figura do polígrafo Víctor Said Armesto
Este ano conmemórase o centenario da morte do ilustre polígrafo pontevedrés Víctor Said Armesto (1871-1914). No marco dos diferentes actos que se están a promover con motivo desta efeméride, presentouse no salón reitoral da Universidade de Santiago a publicación Víctor Said Armesto. Una vida de romance, obra do profesor Carlos Villanueva, catedrático de Historia da Música na USC; coeditada polo Consorcio de Santiago, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde transmite o "apoio máis firme e decidido" do Concello ao Obradoiro
O alcalde compostelán asistiu á presentación oficial do Río Natura Monbus Obradoiro, celebrada na Cidade da Cultura. Agustín Hernández transmitiulle a directivos, técnicos e xogadores o "apoio máis firme e decidido a este club, que é historia e referencia da nosa cidade, do baloncesto de Galicia e de España".
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "altamente satisfactorios" os orzamentos do Estado para Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, amosouse satisfeito polas partidas destinadas a Santiago de Compostela nos orzamentos do Estado que se veñen de presentar. Cualificou de "altamente satisfactorios" estes orzamentos, nos que se "contemplan todos os proxectos solicitados polo Concello aos diferentes departamentos e nos que aparecen reflectidos todo os grandes proxectos que Compostela necesita".