CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle unha sesión de consultoría exclusiva
O mércores 5 de xuño, no Centro Sociocultural das Fontiñas, terá lugar una sesión de consultoría exclusiva para unha posta ao día no funcionamento do iPad en entornos empresariais. A charla, á que acudirá o concelleiro de Centros Sociculturales, Francisco Noya, achegará aos asistentes as novas tecnoloxías na empresa.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Unha campaña para o establecemento Faino ti gaña o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou o proxecto gañador do I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. A campaña triunfadora é a presentada por Isabel Vila Díaz co título "Tira do fío, faino ti" para a tenda Faino ti, situada no número 87 da rúa de San Pedro e propiedade de Natalia Horyaans.
MOBILIDADE
Luis Bello reúnese cos veciños de Santa Marta para estudar a posta en marcha do aparcamento para residentes
O concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, Luis Bello acompañado por técnicos do seu departamento, mantivo unha reunión informativa no local sociocultural de Santa Marta cos veciños de Santa Marta e Choupana. Á convocatoria da directiva da Asociación veciñal acudiron aproximadamente uns 180 veciños interesados pola implantación da zona verde de residente.
DEPORTES
Santiago acollerá a saída do 34º Gran Premio Abimota-Rexión de Aveiro
O fin de semana do 8, 9, e 10 de xuño celebrarase a edición número 34 do Gran Premio Abimota-Rexión de Aveiro de ciclismo. A proba sairá nesta ocasión de Santiago de Compostela, coa participación de ciclistas de 15 equipos españois, portugueses e suramericanos.
EMPREGO
O desemprego descendeu un 2,41% en Santiago no mes de maio
No mes de maio, o número de persoas desempregadas en Santiago descendeu en 235 con respecto ao mes de abril, segundo os datos do Ministerio de Emprego. Esta cifra supón un descenso do 2,41% respecto ao mes anterior, unha baixada que supera tanto as cifras que houbo en Galicia, onde o descenso medio foi do 2,26%, coma no conxunto de España, onde a baixada foi do 1,97%.
SEGURIDADE
Continúa aberto ata o 15 de xuño o prazo de solicitude de autorizacións para as cacharelas de San Xoán
A Concellería de Seguridade e Mobilidade lembra que ata o 15 de xuño estará aberto o prazo de solicitude de autorizacións para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán. Non se atenderá ningunha petición fóra de prazo.
ALCALDÍA
O SCB abre a porta a novas vías de colaboración coas empresas do sector do turismo de reunións
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na Asemblea do Spain Convention Bureau (SCB), que se celebrou en Santander, representando ao Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para o fomento da cidade como destino de congresos, xornadas e incentivos. O SCB iniciou a apertura de novas vías de colaboración coas empresas do sector do turismo de reunións co fin de impulsar a promoción dos destinos españois a nivel internacional.