EDUCACIÓN
Un contrato global permitirá axilizar as actuacións de reparación e mantemento nos centros escolares de Santiago
A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia cos directores dos CEIP de Santiago. Estes puidéronlle explicar as principais necesidades dos centros.
FESTAS
Concursos morfolóxicos e de doma nunha nova edición da Feira Cabalar da Ascensión
O concelleiro de Festas, Francisco Noya presentou as actividades da Feira Cabalar da Ascensión, acompañado por Xacobe Pérez, da Asociación de Cabalos de Pura Raza Galega. Na rolda tamén estiveron dous domadores que luciron o novo traxe de gala creado na honra dos defensores do Camiño e que leva na fronte a Cruz de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
Os alumnos do curso de cociña do USN realizaron pratos representativos de diferentes países europeos
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais segue a impartir unha serie de obradoiros no Centro Comunitario Xoán XXIII, encadrados dentro do Programa de Competencia Social e Crecemento Persoal. Unha das propostas é á elaboración de pratos de cociña económicos. Nesta ocasión, con motivo da celebración do Día de Europa o 9 de maio, realizouse unha sesión especial na que se elaboraron de pratos e alimentos representativos de distintos países europeos.
ALCALDÍA
Concello de Santiago, Xunta e Real Academia Galega ultiman os actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, mantiveron un encontro en Raxoi, previo á reunión preparatoria dos actos dos actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño que se celebrou a continuación. Nesta participaron a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Cultura, Ánxo Lorenzo.
CULTURA
"Bailadelas, mulleres bolañesas", de Teatro Antroido, no Principal con motivo da programación especial das Letras Galegas
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou, con motivo das celebración das Letras Galegas 2013, unha das dúas obras que nos achegarán ao teatro de Roberto Vidal Bolaño, Bailadelas, acompañado de Laura Ponte, impulsora de Teatro Antroido e actriz da obra; Roi Vidal Ponte, adaptador do texto e autor, e Xavier Estévez, director. A outra obra prevista é Criaturas.
DEPORTES
Máis de 180 parellas teñen unha cita competitiva co baile en Santa Isabel
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o II Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Santiago e o I Trofeo da Ascensión Campionato Galego de Standard e Latino, que se celebran esta fin de semana no pavillón de Santa Isabel. Está prevista a participación de máis de 180 parellas, a maioría galegas e portuguesas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o convenio para a execución da EDAR do Souto
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a sinatura do convenio coa Consellería de Medio Ambiente e Aquanorte para a execución e explotación da estación depuradora de augas residuais, que se situará no lugar do Souto. O importe estimado deste proxecto é de 59.777.245 euros máis IVE (o 70% correspóndelle a Aquanorte, 15% ao Concello e 15% á Xunta).
FESTAS
Música no Obradoiro e concursos cabalares na xornada grande das Festas da Ascensión
O día grande das Festas da Ascensión, o recinto feiral de Amio acollerá a tradicional. Xa pola noite, a música será a protagonista cunha gala musical na praza do Obradoiro.
TURISMO
Santiago promociónase en Alemaña co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou no East Hotel de Hamburgo a súa oferta patrimonial e turística a xornalistas e a preto de 80 axentes de viaxes e turoperadores alemáns especializados no segmento de turismo cultural, idiomático e de reunións.
DEPORTES
O xoves 9, último día para inscribirse na I Compostela BTT
As inscricións para a I Compostela BTT, marcha cicloturista de 50 quilómetros polos arredores de Santiago que se celebrará o domingo 12, poderán facerse ata última hora do xoves 9 de maio na páxina web www.magmasports.es.