DEPORTES
Un torneo de hóckey en Vite recadará fondos para a Cociña Económica
Os días 17, 18 e 19 de maio, o pavillón de Vite acollerá un torneo de hóckey en beneficio da Cociña Económica, organizado polo Hóckey Club Raxoi. Máis de 200 xogadores, a maioría escolares, participarán nesta competición solidaria.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o servizo de medición de ruídos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou o servizo de medición de ruídos derivados de actividades de carácter comercial, industrial ou de calquera outra fonte de ruído no termo municipal de Santiago. Ademais, deu o visto bo a varias licenzas de obras do Consorcio en igrexas da cidade e á solicitude dunha subvención para o programa Emprego Santiago II.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A USC celebrou o Día das Letras Galegas coa presentación dun volume sobre Vidal Bolaño
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu ao acto con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola USC no salón nobre do Pazo de Fonseca. No mesmo presentouse o volume Roberto Vidal Bolaño. Día Letras Galegas 2013, que coordinou o profesor Anxo Tarrío Varela.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a touroperadores, axentes de viaxes e xornalistas rusos
Turismo de Santiago colabora coa axencia de viaxes catalá Novovira na organización dunha viaxe de profesionais do sector turístico ruso para que poidan coñecer a cidade de primeira man. A axencia Novovira é unha das axencias de receptivo de turismo ruso máis importantes de España e actualmente está abrindo o seu abano de produtos para este mercado crecente dado o seu interese en novas ofertas máis aló do turismo de "sol e praia".