CULTURA
O Auditorio acolle unha nova exposición: "15 contos breves e extraordinarios"
Inaugurouse no Auditorio de Galicia 15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove, unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade. A exposició poderá visitarse ata o 29 de setembro.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Conservatorio Profesional de Música homenaxeou a Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos de "Cantares Gallegos"
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela homenaxeou a figura de Rosalía de Castro cun concerto especial en San Domingos de Bonaval con motivo do 150 Aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, sumouse a esta iniciativa, que incluíu tamén unha ofrenda floral antes do concerto a cargo de alumnos do Conservatorio e do IES Rosalía de Castro.
MEDIO RURAL
Comeza o arranxo das pistas de Vilamaior, na parroquia da Lavacolla
O concelleiro responsable da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya, e Luis Meijide, concelleiro adscrito a esta área e interlocutor directo coas asociación de veciños do rural, comprometéranse a arranxar nun prazo de dúas semanas unhas pistas no lugar de Vilamaior (parroquia da Lavacolla), respondendo a unha longa demanda dos veciños da zona e da súa asociación veciñal. As obras veñen de comezar.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os gañadores do concurso de lemas de "Gústame o galego" recibirán os seus agasallos o 17 de maio
A praza do Toural (ou o Pazo de Bendaña, no caso de choiva) acollerá ás 13:45 horas do venres 17 de maio a entrega de agasallos aos autores dos lemas máis votados en Facebook e Twitter dentro da campaña Gústame o galego. Recibirán cadanseus lectores de libros dixitais no marco dunha xornada chea de actividades con motivo do Día das Letras Galegas.
FESTAS
As atraccións da Alameda custarán a metade o sábado 18 e o domingo 19
As Festas da Ascensión concluíron o seu programa, pero as atraccións instaladas na Alameda con motivo desta celebración seguirán aínda ata o vindeiro domingo, 19 de maio.
ECONOMÍA
Nace o Premio Emprende Santiago
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raoxi o novo Premio Emprende Santiago, organizado polo Concello de Santiago e AJE Santiago. A concelleira estivo acompañada por Oscar Valcuende, presidente AJE Santiago; Carmen José López, directora do Comité AJE Santiago, e Juan José Gómez, representante de DCM Asesores, un dos patrocinadores.
DEPORTES
Xornada familiar dedicada á bicicleta na terceira edición do "Decabike"
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a directora do centro Decathlon en Santiago, Isabel Rodríguez, presentaron a terceira edición do Decabike. O día da bicicleta de Decathlon, que se celebrará o domingo 19 de maio. Pequenos e maiores están convidados a participar nunha marcha en bicicleta pola cidade, acompañada doutras moitas actividades paralelas.
MEDIO AMBIENTE
Os balcóns da cidade histórica lucirán 500 xardineiras de xeranios
A concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, deu conta da posta en marcha dunha iniciativa da empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes da cidade, Cespa, pola que se colocarán 500 xardineiras con flores nos balcóns das rúas e prazas da cidade histórica.
COMERCIO
Os Premios do Comercio Compostelán xa teñen gañadores nas súas seis categorías
Reuniuse en Raxoi o xurado dos Premios do Comercio Compostelán, composto por representantes do Concello, as asociacións comerciais, a Cámara de Comercio, e a Asociación de Consumidores, que foron os encargados de seleccionar os gañadores nas categorías de: Comercio Emprende, Comercio Innovación, Comercio Activo e Comercio Veterano. Os gañadores de Comercio de Barrio e Comercio Agarimo elixíronse por votación popular a través de Internet.
CONSORCIO
O Consorcio presenta unha nova edición de "Doentes", de Roberto Vidal Bolaño
Con motivo da celebración do Días das Letras Galegas, que este ano se dedica ao compostelán Roberto Vidal Bolaño, o Consorcio de Santiago e a Xunta de Galicia presentan, en colaboración con Edicións Positivas, unha nova edición da obra Doentes, unha das súas mellores pezas teatrais.