CULTURA
Trinta concertos conformarán a próxima temporada da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia
O presidente do Consorcio e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentaron a estación de concertos 2010/2011 da Real Filharmonía no Auditorio compostelán, acompañado por Socorro García Conde, concelleira de Cultura do Concello de Santiago; Antoni Ros Marbà, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Paulo Rodríguez, director xerente do Auditorio de Galicia e Oriol Roch, director técnico da Real...
BENESTAR SOCIAL
Persoas con enfermidade mental e monitores de FEAFES peregrinan para facer máis visible a súa situación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro os peregrinos, que iniciaron o camiño o pasado día 13 cun obxectivo claro: mostrar a imaxe máis positiva do colectivo de persoas con enfermidade mental.
DEPORTES
O Concello homenaxea os supercampións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, encabezou a recepción institucional que o Concello ofreceu ao club de fútbol sala Lobelle Xacobeo, flamante campión da Supercopa de España.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle o 16 e 17 de setembro o seminario final do proxecto europeo Coidadores familiares, no que se presentarán as conclusións do programa
No encontro, no que se poderán ver as exposicións "Xente de mente" e "Imaxes con Imaxinación" cedidas pola Obra Social Caixa Galicia, a eurodiputada irlandesa Marian Harkin presentará as políticas europeas destinadas ás persoas coidadoras. A Concellaría de Promoción Económica e Emprego participa no proxecto "Cosefamie. Coidadores Familiares" xunto a outras seis entidades de cinco países europeos.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha exposición e unhas xornadas que buscan estreitar lazos entre Galicia e Venezuela
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugurará hoxe ás 19.30 horas na Casa das Asociacións de Cornes, as Xornadas Interculturais Venezuela-Galicia", que se completan coa a exposición "Unha ollada á arte indíxena venezolana".
ALCALDÍA
O Consorcio investiu na restauración da antiga Calzada Real de Sar máis de 700.000 euros
O alcalde compostelán e presidente da entidade interadministrativa presidiu o acto de inauguración da calzada, na que se investiu un total de 740.000 euros.