CONSORCIO

O Consorcio e o COAG asinan un convenio de colaboración para que arquitectos colexiados participen no programa Ter é manter

08/09/2009

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o decano-presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, asinaron un convenio de colaboración que permitirá crear unha bolsa de traballo pola cal arquitectos colexiados poderán participar no programa "Ter é manter", plan de axudas ao mantemento de edificacións da Cidade Histórica de Santiago, posto en marcha recentemente polo Consorcio. En total serán 10 arquitectos colexiados que traballarán...

Ler máis
Compartir: