MEDIO AMBIENTE

A recuperación da Selva Negra, primeira experiencia en Galicia de substitución masiva de eucaliptos por árbores autóctonas

29/10/2009

"Unha valgada con dous prados na parte baixa rodeados dunha carballeira ampla que tamén terá outras especies autóctonas, aumentará enormemente o valor ecolóxico, o valor paisaxístico e o valor recreativo dun espazo que xa hoxe é de grande interese". Con estas palabras definiu a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, o resultado final dos traballos que se están a desenvolver na Selva Negra.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá busca o protagonismo activo dos veciños cun amplo programa de actividades

29/10/2009

A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, presentou as propostas programáticas da Casa das Asociacións, na busca dunha participación activa dos veciños de Compostela na vida da súa cidade. Unha das primeiras actividades desenvolverase mañá venres, ás 20:30 horas, cunha homenaxe a Cantigas e Agarimos no seu 88 aniversario. O acto servirá para abrir unha exposición de fotografías e de traxes dedicada a esta agrupación folclórica.

Ler máis

COMERCIO

Katuxa Platero, Xocoátel e Pecados de Compostela, premiados na edición de outono do Concurso de Escaparatismo

29/10/2009

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da edición de outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi a xoiaría Katuxa Platero; o segundo a tenda de chocolates Xocoátel; e o terceiro o estabelecemento de doces Pecados de Compostela.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello pon en marcha un Plan de Continxencia fronte á Gripe A

29/10/2009

Co fin de asegurar o funcionamento dos servizos municipais esenciais, o Concello puxo en marcha un Plan de Continxencia fronte á Pandemia de Gripe A. O programa establece todos os protocolos e mecanismos de coordinación no caso de producirse contaxios da enfermidade. Incide fundamentalmente no labor de 250 empregados municipais da Policía Local, Protección Civil e Bombeiros.

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba o III Plan de Igualdade

29/10/2009

Na súa sesión ordinaria do mes de outubro, o Pleno municipal aprobou por unanimidade o III Plan de Igualdade. Tamén no eido do Benestar Social, ratificouse a proposta municipal de adhesión ao Programa Cidades Amigas da Infancia, de UNICEF. Ambos programas xa foran presentados esta semana pola titular do Departamento, Mar Martín.

Ler máis

TURISMO

Máis de 200 representantes de axencias de viaxe reúnense en Santiago nunhas xornadas de formación

29/10/2009

Santiago de Compostela acolle ata o sábado 31 as Xornadas Técnicas e de Formación que cada ano organiza a Asociación Empresarial Grupo Europa, composta por 350 axencias de viaxes independentes que contan con máis de 450 puntos de venta distribuídos por todo o Estado. Nestas xornadas, nas que colaboran a Asociación Hostalería Compostela e Turismo de Santiago, entre outras entidades, participarán máis de 200 representantes de axencias de viaxes.

Ler máis
Compartir: