CIDADE HISTÓRICA

"Compostela Conta" ensinará arqueoloxía e historia dun xeito lúdico

28/10/2009

Compostela Conta é un programa educativo de nova creación, dirixido todas as idades, coa finalidade de ensinar dun modo lúdico, didáctico e divertido o coñecemento histórico e arqueolóxico existente sobre un sector da Cidade Histórica, a partir dos traballos executados dende a Concellería de Rehabilitación e Cidade Histórica. Porase en marcha o 10 de novembro, con dous tipos de actividade: un gran xogo e unha visita guiada.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia, Ute Lemper e Die Singphoniker celebran cun concerto o 20 Aniversario do Auditorio de Galicia

28/10/2009

O xoves 29 de outubro, o Auditorio de Galicia conmemora os seus primeiros vinte anos de vida cun concerto especial. A Real Filharmonía de Galicia, orquestra residente no auditorio compostelán, preparou para a ocasión un concerto moi especial que contará coa cantate Ute Lemper e co coro alemán Die Singphoniker. Todo baixo a batuta do seu principal director convidado, Paul Daniel.

Ler máis
Compartir: