SANIDADE
Nova campaña para mitigar a presenza de roedores nas vivendas e na vía pública
A concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, presentou unha nova campaña de control de roedores. A empresa Arumia encargarase desta actuación, que se concentra en varias fases e que busca a colaboración cidadá.
EDUCACIÓN
Aprobados os prazos para o acceso á Escola Municipal de Música
O Goberno local aprobou os prazos de reserva de praza, de solicitude de admisión de novo alumnado e de matrícula na Escola Municipal de Música. Tamén se estableceu o procedemento a seguir polos interesados.
INFRAESTRUTURAS
Todo listo para o comezo das obras de urbanización da Rúa Nova de Abaixo
A partir do mércores 18 de abril e durante 45 días, quedará cortado o tráfico na Rúa Nova de Abaixo. Comezan así as obras de urbanización desta rúa, que seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, como Xeneral Pardiñas ou República do Salvador.
CASCO HISTÓRICO
Concello, Ministerio de Vivenda e Consellería de Vivenda colaborarán en corenta novas actuacións de rehabilitación e na reurbanización das rúas Trinidade e Carretas
O Goberno local aprobou a memoria programa para a sinatura da oitava fase do convenio entre a Consellería de Vivenda, o Ministerio de Vivenda e o Concello polo que se financian actuacións de rehabilitación e reurbanización na cidade histórica. Esta colaboración permitirá 40 novas actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, e a reurbanización das rúas Trinidade e Carretas. En total investiranse 846.666 euros.
INFRAESTRUTURAS
Douscentos mil euros para obras de accesibilidade e de eliminación de barreiras
O Goberno local deu o visto bo a diversas obras de accesibilidade e superesión de barreiras arquitectónicas. Estas actuacións contrataranse por un total de 200.000 euros.
INFRAESTRUTURAS
Melloras no carril de servizo na N-550 entre a Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas
O carril de servizo na N-550 entre a rotonda da Avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas dende o Periférico será acondicionado para mellorar as súas condicións de seguridade e dotalo dunha beirrarrúa.