URBANISMO
Adxudicada a redacción do anteproxecto do campo de golf de Bando
A Xunta de Goberno local adxudicou a asistencia técnica para a redacción do Plan de sectorización do SUND-39 (Campo de Bando) e do anteproxecto dun campo de golf, por un importe de 258.461 euros.
CULTURA
Ciclo de cine sobre dereitos humanos no Principal
Os dereitos humanos son os protagonistas dun novo ciclo de cine no Teatro Principal. Do 15 ao 21 de xaneiro, os espectadores poderán asistir á proxección de filmes coma "O Pesadelo de Darwin", "Hanna K", "Estrelas da liña" ou "O crime de Cuenca". As sesións serán ás 20:30 e ás 22:30 horas.
CASCO HISTÓRICO
Máis preto a futura rede Wimax para o Casco Histórico
A concesión dunha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro do programa Cidades Singulares (Plan Avanza) achega a futura rede Wimax para o Casco Histórico. Este proxecto, que foi presentado recentemente, permitirá o desenvolvemento de servizos como a teleasistencia ou a telemedicina e beneficiará a comerciantes, turistas e cidadáns composteláns.
XUNTA DE GOBERNO
Máis dun millón de euros para a conservación das vías públicas en 2007
A Xunta de Goberno local aprobou o prego de cláusulas administrativas e o inicio de contratación de obras de mantemento e conservación de vías públicas municipais para o ano 2007, por un importe de 1.100.000 euros. Este plan permitirá mellorar a ampla rede de pistas do Concello.
PLAN ESTRATÉXICO
O Plan Estratéxico aposta por unha Compostela cunha base económica sólida, diversificada e competitiva
O Consello Económico e Social acolleu a presentación das conclusións do Plan Estratéxico da cidade de Santiago, que establece o marco estratéxico sobre o que xirará o desenvolvemento futuro da cidade. Conseguir unha "base económica sólida, diversificada e competitiva" é un dos obxectivos prioritarios do Plan, que aposta por facer da calidade urbana un sinal de identidade de Santiago.