ALCALDÍA
O alcalde visitou no Pazo de Fonseca a exposición coa que o xornal ABC conmemora os 20 anos da súa delegación en Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a exposición ABC, 20 anos en Galicia: Galicia, 112 anos en ABC. No acto inaugural da mostra tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o reitor da USC, Juan Viaño; e o delegado de ABC Galicia, José Luis Jiménez. A exposición estará no Pazo de Fonseca ata o 3 de maio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello pon en marcha unha campaña de promoción da lectura e de reforzo do uso do galego nos centros socioculturais
Baixo o título Ler, contar e gozar coas letras 2015, a Concellería de Cultura organiza un conxunto de accións para a promoción da lectura e das letras coincidindo con datas significativas dos meses de abril e maio coma o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril), o Día do Libro (23 de abril), o Día das Letras Galegas (17 de maio) ou a Feira do Libro de Santiago, que se celebra tamén en maio.
TURISMO
Arranca o festival Compostela Gastronómica con máis de vinte restaurantes efémeros na nave 5 do Mercado de Abastos
Este xoves comeza a segunda edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que amosará o mellor da oferta gastronómica da cidade ata o próximo martes. O programa desta edición de Compostela Gastronómica conta con múltiples actividades para que todos os afeccionados á cociña poidan descubrir e gozar das variadas opcións gastronómicas que se ofrecen en Santiago.
CULTURA
Matrioshka Teatro presenta "C’est la vie" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A compañía compostelá Matrioshka Teatro presenta o seu espectáculo C’est la vie dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será este xoves 16 de abril, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal. Ao espectáculo, polo tanto, pode entrarse co bono ou tamén mercando as entradas soltas, a un prezo de 10 euros. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 18:00 a 21:00 horas.
CULTURA
Chicharrón e The Partisan Seed tocan na Zona C dentro do ciclo Compostela Rock
A banda de Carballo Chicharrón, con sons entre o dream-pop, o folk, e a BSO de algún western crepuscular, e os portugueses The Partisan Seed, presentando un estilo libre de composición e interpretación, estarán na Zona C. Será este xoves 16 de abril, ás 20:30 horas, dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas teñen un prezo de 6 euros anticipada e 8 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de 18:00 a 21:00 horas), na Reixa Tenda e tamén na Zona C o día do...
COMERCIO
Seis pequenos comercios de Santiago de Compostela xa teñen a súa estrela
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, participou na presentación do Paseo das Estrelas, no que figura o nome dos comercios premiados no programa Santiago Comercio de Cine. O Paseo sitúase na rúa Xeneral Pardiñas, no tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador, e pon en valor estes establecementos nunha rúa moi transitada da cidade e con gran vocación comercial. Os premios tratan de dar a coñecer os valores do pequeno comercio da cidade e de concienciar aos consumidores da necesidade de apreciar o propio,...
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local detén un home por roubar cable de cobre no Polígono do Tambre
A Policía Local de Santiago detivo na tarde de onte un home de nacionalidade portuguesa por roubar cable de cobre nunha empresa do Polígono do Tambre.
ALCALDÍA
Agustín Hernández anima á cidadanía de Compostela a implicarse na I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en Área Central á presentación da I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). A proba celebrarase o 26 de abril, a partir das 11:00 horas, no Campus Vida, e a inscrición terá un custo de 5 euros.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que a apertura de Bricomart marque o inicio da reactivación do asentamento de empresas na Sionlla
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no acto inaugural das instalacións de Bricomart no parque empresarial da Sionlla. O rexedor municipal saudou esta nova oferta empresarial, por canto supón a constatación da "paulatina ocupación deste parque empresarial" e "da progresiva recuperación da actividade da construción".
TURISMO
O aeroporto de Santiago suma doce meses de crecemento continuado
O aeroporto de Santiago sumou no mes de marzo o seu duodécimo mes consecutivo de crecemento. En marzo o aeroporto de Santiago moveu máis de 157.000 pasaxeiros, cun crecemento do 10,3% respecto do mesmo mes do ano pasado. Trátase do segundo crecemento máis importante dos últimos doce meses, só superado polo mes de outubro de 2014. Deste xeito consolídase a tendencia positiva do aeroporto de cara a tempada aeronáutica de verán.