POLÍTICAS SOCIAIS
Asinados once convenios con entidades sociais por un total de 173.500 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asinou hoxe un total de 11 convenios con entidades sociais por un importe total de 173.500 euros, que permitirán desenvolver actividades de distinta índole durante este 2019.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado xoves en Aguimes (Gran Canaria).
CONVIVENCIA
Aberto ata o 10 de xuño o prazo de solicitude dos permisos para as cacharelas e/ou sardiñadas de San Xoán
O prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e/ou sardiñadas de San Xoán continúa aberto ata as 14:00 horas do luns 10 de xuño. A documentación debe presentarse no Rexistro Xeral do Concello, se ben os particulares poden facer a súa solicitude a través da páxina web municipal.
FESTAS
Batucada e corais para pechar a Ascensión
As festas da Ascensión chegan este domingo ao seu fin e fano ao ritmo de diversas propostas musicais. Unha ruada de batucada e o tradicional concerto das corais son algunhas das citas desta última xornada.