URBANISMO
Mercedes Rosón participou hoxe na constitución da Comisión de Urbanismo e Vivenda da FEMP
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participou hoxe na constitución da Comisión de Urbanismo e Vivenda da FEMP, a Federación Española de Municipios e Provincias. Na reunión, que se desenvolveu por vía telemática, acordouse redactar un documento con propostas de reconstrución sostibles, que humanicen o espazo urbano.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello, pendente da autorización estatal para aplicar 4,6 millóns de euros do seu superávit
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este luns, validáronse diversos gastos sociais vinculados á crise sanitaria do COVID-19, aprobáronse dous novos contratos para garantir a utilización efectiva do tícket especial de compra e deuse o visto bo ao proceso de incorporación dos traballadores e traballadoras municipais aos seus postos presenciais. Tamén se deu continuidade ao servizo de mantemento de parques e xardíns e ampliouse o prazo para que as comisións dos barrios e parroquias poidan solicitar axudas...
EDUCACIÓN
Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís e na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno Local aprobou o novo calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación deben presentarse entre o 13 e o 22 de maio. Tamén se deu o visto bo ao novo prazo de solicitude de ingreso na Escola Municipal de Música, que neste caso estará aberto do 18 de maio ao 5 de xuño.
CONSORCIO
A biografía máis extensa de Castelao, obra de Miguel Anxo Seixas, premiada na Gala do Libro Galego como "mellor iniciativa bibliográfica de 2019"
Os Premios Gala do Libro Galego son unha iniciativa da Asociación Galega de Editoras, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia. O xurado da quinta edición dos premios, cos que se pretende recoñecer a excelencia do traballo realizado no eido editorial ao longo de 2019 en Galicia, celebrou esta fin de semana unha reunión telemática para dar a coñecer os galardoados deste ano.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio reactiva o calendario de eventos culturais e deportivos de interese turístico
A Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse este luns de forma telemática e acordou reactivar o calendario de eventos culturais e deportivos previstos para este ano, así como algunhas das citas que se tiveron que aprazar con motivo da crise do coronavirus. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou na xuntanza, presidida polo titular da Comisión de Cultura e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo.
ALCALDÍA
Bando do alcalde sobre a peonalización de varias rúas do Ensanche
Este sábado vén de publicarse un bando do alcalde co fin facilitar a mobilidade da cidadanía agora que se inicia o proceso de transición cara a nova normalidade, e garantir deste xeito o distanciamento necesario para evitar riscos de contaxio.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
A concelleira de Educación anima a participar no certame "Enreguéifate 2020"
A concelleira de Educación, Noa Díaz, anima a todas as persoas a participar no certame Enreguéifate 2020, convocado polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Pontevedra, Rianxo e Teo. Faino cun vídeo no que sae enregueifando xunto ao músico Manolo Maseda, e que se pode ver a través de YouTube.
URBANISMO
O Concello autoriza a ampliación das terrazas hostaleiras cumprindo as medidas sanitarias e de saúde pública en vigor
O Concello de Santiago acaba de autorizar aos establecementos hosteleiros, mediante un decreto de Alcaldía, o incremento da ocupación do dominio público con mesas e cadeiras polo espazo imprescindible para facer factible a instalación do 50% das mesas permitidas nas respectivas licenzas do ano 2019. Con estas instrucións facilítaselle aos locais hosteleiros e de restauración a posible apertura, o vindeiro luns día 11, garantindo as distancias de seguridade que establece a actual normativa sanitaria e, polo tanto, sen pór en risco...
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o programa de axudas a autónomos e pequenas empresas para o pago de xuros
A Xunta de Goberno aprobou este venres, nunha sesión extraordinaria, unha convocatoria de axudas para autónomos e pequenas empresas destinadas a facer fronte aos xuros das operacións de crédito concertadas para a obtención de liquidez. Estas achegas son complementarias aos créditos ICO e aos créditos do IGAPE. A contía da subvención será o 75% do aboado en concepto de xuros anuais, co límite de 1.000 euros por persoa ou empresa beneficiaria.
COMERCIO
Abertas as convocatorias de axudas para o comercio
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este venres tres das convocatorias previstas para o apoio ao comercio previstas no Plan Marco de Reactivación Económica. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a mellora e innovación do comercio local e para cheques de consultoría. En total, as tres liñas suman un crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros. As solicitudes deberán do 11 de maio ao 8 de xuño.