EDUCACIÓN
Case 1.600 escolares de secundaria participarán nunha nova edición do programa "Sexibilízate"
Ponse en marcha unha nova edición do Programa de educación afectivo-sexual Sexibilízate. 1.590 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO pertencentes a nove centros escolares participarán nesta edición da iniciativa, á que cada ano se van sumando máis colexios.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago publica a última edición de "La Casa de la Troya"
Coeditada con Auga Editora, a nova edición de La Casa de la Troya é a primeira corrixida, actualizada, anotada e ilustrada da súa longa traxectoria. O libro, ilustrado por Suso Cubeiro e con introdución e notas de Mercedes Pacheco, forma parte da Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago.
XUVENTUDE
Unha exposición fotográfica recolle os mellores momentos dos concertos do "MúsicaXove 2009"
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a exposición fotográfica do 2º Certame MúsicaXove’09. O acto contou coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Andrés Fraga.
ALCALDÍA
A reurbanización do tramo Galeras-Salvadas-Vista Alegre daralle coherencia e o aspecto dunha avenida urbana
"O tramo urbano dunha estrada converterase dunha das boas avenidas de Santiago e contribuirá a mellorar notablemente dos veciños que viven alí", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito do proxecto de reurbanización do tramo comprendido polas rúas Galeras, Salvadas e Vista Alegre. As obras, cun orzamento de 4.364.804 euros, comezarán o 1 de marzo e rematarán antes de que remate de 2010.
CULTURA
David Loira abre con "Macho" a programación de 2010 de SCQ Danza
O Teatro Principal acolle o mércores 10 e o xoves 11 de febreiro a estrea de Macho, a segunda produción do coreógrafo e bailarín David Loira coa súa propia compañía, Dloira. "Trátase dunha obra que traballa as novas linguaxes e emprega as novas tecnoloxías para cuestionar incluso a propia linguaxe da danza mediante a non-acción", expuxo na presentación a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, que estivo acompañada do artista e do director xerente do...
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados xa polo Ministerio de Política Territorial cinco proxectos do Fondo Local
Cinco das obras presentadas polo Concello para ser financadas polos Fondo Estatal para o Emprego e Sostibilidade Local xa foron aprobadas polo Ministerio de Politica Territorial, segundo anunciou a voceira da Xunta de Goberno, Socorro García Conde na rolda de prensa de resumo dos acordos da sesión. Nesta reunión do Goberno local aprobáronse asuntos como a adxudicación definitiva do servizo de dinamización dos centros socioculturais ou do servizo de lacería, así como distintas cuestións en materia de benestar social.
FESTAS
Teatro en Punto ofrecerá o pregón dun Antroido no que o Meco cumpre 25 anos
O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, acompañado polos directores das comparsas máis recoñecidas da cidade (Enrique Fernández ‘Quico’, de Os Conformistas de Conxo; Albino Iglesias, de A Ruliña de Laraño; e Manuel Santos, de Os Garanduxos, presentou o programa de actividades para o Antroido 2010. No acto tamén estivo presente o creador do Meco, José L. Méndez, e dous membros da compañía Teatro en punto, Gloria Rico e Roberto Leal, elixidos para dar o pregón.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde co xeneral do Exército do Aire Eduardo González
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co xeneral de División do Exército do Aire, Eduardo González.
DEPORTES
Santiago de Compostela acolle a XXI Copa de España de Fútbol Sala
Dende o xoves 11 ata o domingo 14 de febreiro, celebrarase na cidade a XXI edición da Copa de España de Fútbol Sala, un importante evento deportivo que foi adxudicado ao Concello de Santiago e que organizará a Liga Nacional de Fútbol Sala.
DEPORTES
Nove equipos loitarán polo Campionato de España Sub-20 de fútbol sala
O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presentou o Campionato de España de Seleccións Interterritoriais de fútbol sala na categoría Sub-20, que se celebrará na cidade do 10 ao 14 de febreiro. Participarán as seleccións de Galicia, Melilla, Aragón, Asturias, Baleares, Cataluña, País Vasco, Estremadura e Castela e León.