CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia achega esta semana aos nenos "O carnaval dos animais" de Saint-Saëns
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de Primaria. O primeiro será mañá martes 13 de marzo, ás 11:00 horas; e o segundo o mércores 14, tamén ás 11:00 horas. Ámbalas dúas citas terán lugar no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
DEPORTES
Aberta a inscrición para a IV edición da carreira nocturna SantYaGo10K
Este martes abriuse a inscrición para participar na cuarta edición da carreira nocturna SantYaGo10K, que se celebrará o sábado 28 de abril ás 22:00 horas. Este ano, a proba está encadrada no I Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade. Entre as novidades desta edición figura un servizo de gardería de balde.
ALCALDÍA E TURISMO
Máis de 20 locais de Compostela participarán na Festa das Uñas
A sede da Asociación Hostalería Compostela acolleu por primeira vez a presentación da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, unha das máis antigas de Galicia, que se celebrará do venres 16 ao luns 19 de marzo. No acto participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación, Sara Santos. As persoas asistentes ao acto puideron degustar este tradicional prato, preparado por catro estudantes do CIFP Compostela.
CONSORCIO
O 12 de abril remata o prazo para solicitar as axudas para o pintado das fachadas dos edificios da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e...
CENTROS CÍVICOS
O Centro Sociocultural do Ensanche celebra dende este sábado o Día da Poesía e a chegada da primavera
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle dende este sábado 10 e ata o 21 de marzo diversas actividades relacionadas co Día da Poesía (21 de marzo) e co inicio da primavera (20 de marzo). O calendario abrirase cun acto simbólico, a colocación do tronco dunha árbore, que florecerá con poemas pouco a pouco grazas á colaboración dos usuarios e usuarias do centro.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil do 12 ao 18 de marzo
Do 12 ao 18 de marzo, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reformará a praza da Constitución
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de execución da reforma da praza de Constitución, ao que se van destinar case 350.000 euros. A actuación ten o obxectivo de xerar espazos que poidan ser utilizados polos diferentes usuarios, mellorando a convivencia neste punto da cidade. O alcalde lembrou que o proxecto responde a un acordo aprobado no Pleno por unanimidade de toda a Corporación.
ALCALDÍA
Recoñecemento da Corporación a Borja Golán tras o seu décimo sexto título de campión de España de squash
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá ao 16 veces campión de España de squash, Borja Golán. O compostelán vén ademais de gañar o Torneo de Montreal, dentro do Circuíto PSA World Tour, acadando a cifra de 32 torneos nesta competición.
LINGUA
O premiado espectáculo "Euria (Choiva)", proposta destacada do Apego para este mes de marzo
O calendario do Apego de marzo trae varias propostas familiares, entre as que destaca a representación de Euria (Choiva, que vén de gañar o premio ao mellor espectáculo na Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas (FETEN 2017). Teatro, música e contos completan a oferta programática do mes.
ACCIÓN CULTURAL
Los Pilotos, Aries, Presumido e BFlecha, protagonistas da segunda edición do ciclo musical Compostela Conversa
Compostela Conversa, o ciclo que nos descubre os vínculos de unión que se agochan tras algunhas das propostas artísticas máis interesantes do momento, anuncia a súa segunda edición con catro protagonistas moi especiais: Los Pilotos, a banda de Banin e Floren (Los Planetas), en pleno lanzamento do seu último disco; Aries, alter ego de Isabel Fernández, que volverá a redescubrirnos os sons curativos de Adieu or die; BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do.../em>