TURISMO
Recepción en Raxoi aos participantes no I Curso de Turismo España-Ecuador
As concelleiras Reyes Leis e María José Corral recibiron en Raxoi un grupo de alumnos do último curso de Turismo da Universidade das Forzas Armadas-ESPE de Quito (Ecuador).
EXPOSICIÓN
Inaugurada na Casa da Parra a exposición "Verquidos", de Berta Álvarez Cáccamo
A concelleira de Educación, María José Corral asistiu á inauguración da exposición Verquidos, de Berta Álvarez Cáccamo. O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.
FESTAS
Kepa Junquera, Budiño, Luis Tosar, Uxía e Carlos Blanco, entre outros, no III Certame Folk na praza da Quintana
Na xornada do martes 22, terá lugar durante todo o día a III Edición do Certame Folk organizado por La Voz de Galicia en colaboración co Concello de Santiago. A partires das 12:00 horas, na Praza do Obradoiro, poderemos gozar dunha feira de artesanía e exposición de ourives, así coma obradoiros para os rapaces e rapazas e, xa pola tarde-noite, contaremos coa animación da charanga O Recobío de Vaamonde e a música de Kepa Junquera, Budiño e convidados, entre os que estarán Luis Tosar, Carlos Blanco, Piti Sanz e...
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo recuperan a queima da fachada nunha edición marcada pola lembranza ás vítimas de Angrois
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Festas, María Antón, e o director de Estrategia y Desarrollo de Negocio Acciona Producciones y Diseño, Javier Sánchez, presentou o espectáculo dos fogos do Apóstolo, que se celebrarán ás 23:30 horas do vindeiros venres 24 de xullo. Será un espectáculo marcado polo recordo ás vítimas de Angrois, pero tamén pola celebración do 800º aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a...
FESTAS
Concerto da Banda Municipal de Música
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao concerto da Banda Municipal de Música, dirixida nesta ocasión por Casiano Mouriño Maquieira. Durante o verán, as actuacións da Banda realízanse na rúa do Vilar.
FESTAS
Chaián acolleu a XL Festa do Escalo
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu á entrega de trofeos da XL Festa do Escalo, celebrada na área recreativa de Chaián. Os festexos incluíronse un ano máis no programa do Apóstolo.
FESTAS
O traxe galego engalanou a cidade
As Festas do Apóstolo tiveron nesta xornada de domingo unha das súas citas máis tradicionais, o Día do Traxe Galego, que alcanzou a súa XXXV edición.
ALCALDÍA
Recepción á Orde do Camiño de Santiago polo seu XVIII Capítulo Xeral
A Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu XVIII Capítulo Xeral, como vén sendo tradicional, a fin de semana anterior ás Festas do Apóstolo.
ALCALDÍA
Verdía celebra as festas de Santa Mariña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado polos concelleiros José Rosende e Luis Meijide, asistiu ao inicio das festas patronais de Verdía.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Protección Civil, Bombeiros e Policía Local, cos nenos do campamento de verán do Centro Sociocultural de Nemenzo
Os voluntarios de Protección Civil, xunto coa Policía Local e os Bombeiros, estiveron no Centro Sociocultural de Nemenzo cos nenos e nenas que participan nas "Mañás de xogo", o campamento de verán organizado polo Departamento de Centro Socioculturais.