CULTURA
O Festival d’Gorra enche as rúas de clown, malabares e escapismo
A actuación de Fredi na Quintana, ás 17:30 horas, abre a terceira xornada do Festival d’Gorra. Clown, malabares e escapismo para un novo día cheo de animación nas rúas de Compostela.
CULTURA
Autarquía musical e jazz apaixoado para a segunda xornada de "Feitoamán"
"Feitoamán" engádese á ampla oferta musical da cidade para o mes de agosto. As rúas e prazas da cidade histórica son escenario da actuación de dez formacións ata o 3 de setembro. O evento, organizado pola Concellería de Cultura e pola Asociación Cultural de Cidade Vella, contará o martes 15 coas actuacións dos Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers e do Xacobe Martínez Antelo Quinteto.
CULTURA
Pasarrúas, cabaré e malabares deron comezo ao do Festival d’Gorra
Un percorrido festivo polas rúas do casco antigo deu comezo á terceira edición do Festival d’Gorra. Ata o 27 de agosto agardan máis de 100 representacións a cargo de 26 compañías, 21 delas galegas.
REHABILITACIÓN
Aberto o prazo de solicitudes para participar no Programa de Edificios Tutelados
Todos aqueles interesados en participar no Programa de Edificios Tutelados xa poden presentar as súas solicitudes, trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 10 de agosto. Os impresos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (Presidente Salvador Allende, 4-baixo), no Rexistro do Consorcio da Cidade de Santiago (Rúa do Vilar, 59) ou por calquera dos medios admitidos na Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común....
INCENDIOS
Máis de 200 persoas seguen a traballar no dispositivo municipal de loita contra o lume
Un dispositivo de máis de 200 persoas continúa a traballar para atallar o problema dos incendios no Concello de Santiago. Malia que se ten reducido a incidencia do lume, este dispositivo manterase durante a fin de semana e avaliarase a súa prolongación o luns 14, en función das condicións climatolóxicas e da evolución da situación nos montes composteláns.
REHABILITACIÓN
Os arquitectos deseñan a recuperación das Hortas como espazo público
Os participantes na Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación seguen a debater sobre oito proxectos en distintos concellos galegos. Unha desas iniciativas é a que vai recuperar As Hortas como espazo público e na que está a traballar un equipo de cinco persoas. Cando estea listo o proxecto e se leve a cabo, Compostela contará cunha superficie de hortas urbanas para o goce e utilización práctica de tódolos cidadáns.
TURISMO
A Quintana vibrou coa música pinchada por Dj Food e as imaxes creadas por Vj Mox no CurtoCircuíto na Rúa
Dj Food e Vj Mox, membros do selo independente británico de recoñecido prestixio internacional Ninja Tunes, fixeron latir o xoves 10 as pedras da Quintana. Na cuarta sesión de CurtoCircuíto na Rúa xuntáronse preto de un milleiro de persoas para gozar da música e da videocreación en directo destes artistas internacionais.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinan un convenio para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos
O Consorcio de Santiago e o Seminario Maior asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun Obradoiro de enlousados de pedra para canteiros mozos, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción de Galicia. Este taller, que contará con nove alumnos e tres capataces con experiencia, terá unha duración dun ano e desenvolverase nas aulas e na horta do mosteiro de San Martiño Pinario.
AEROPORTO
Santiago quedará conectada con París cun voo diario dende o 18 de setembro
O aeroporto de Lavacolla contará a partir de setembro con dúas novas rotas, que enlazarán a cidade con París e Madrid. A compañía de baixo custo Vueling pon en marcha estas novas conexións, que se unen á que xa ten entre Compostela e Barcelona.
REHABILITACIÓN
Os partipantes na Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación poñen en común os seus proxectos
A Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación é un curso eminentemente práctico no que están participando arquitectos, arquitectos técnicos, historiadores da arte e sociólogos. Componse de charlas e seminarios teóricos e prácticos que teñen como eixo integrador un taller de proxectos. No mesmo desenvólvense, por grupos, traballos reais en diferentes núcleos da xeografía galega.