ACCIÓN CULTURAL
Zoar presenta tres programas de venres a domingo dentro das Xornadas de Música Contemporánea
O conxunto de cámara Zoar presenta esta fin de semana tres programas diferentes dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Mañá venres, ás 20:30 horas, teremos SH4K3SP34R3; sábado, tamén ás 20:30 horas, escoitaremos C3RV4NT3S; e domingo, neste caso ás 12:00 horas, será Juego de ladrones. Todos os concertos serán no CGAC e con entrada libre ata completar aforo. A clausura das Xornadas terá lugar o vindeiro xoves, 1 de decembro, coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida.../em>
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Asociación Palestino-Andalusí para la Infancia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da Asociación Palestino-Andalusí para la Infancia, Rafael Aldeahuela, e a súa directora de Eventos, Vanesa Celestino.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A película "Ma vie de Courgette" protagoniza Cineuropa Infantil
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron un novo programa dentro do festival, que nace con vocación de permanencia aproveitando o trixésimo aniversario desta cita cinematográfica.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O programa "Andar aos recados" promove o consumo responsable e dinamiza Conxo e Santa Marta
A Concellaría de Desenvolvemento Local desenvolverá entre o 25 de novembro e o 24 de decembro na contorna dos barrios de Conxo e Santa Marta un programa de educación para o consumo e promoción comercial que, baixo o nome de Andar aos recados, acabe por "concienciar á cidadanía, especialmente ao alumnado escolar, sobre o consumo responsable, ao tempo que dinamice o tecido comercial de proximidade", tal e como explicou esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo,...
MEDIO AMBIENTE
O Concello lanza un buscador online que facilita a xestión dos residuos
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe unha nova web, que ten como obxectivo axudar á cidadanía a que xestione mellor os seus recursos. Trátase do portal ondeotiro.santiagodecompostela.gal, enmarcado na plataforma do grupo de Green Cities ao que pertence Compostela.
IGUALDADE
A Catedral tamén se adhire á campaña "En negro contra a violencia"
O principal monumento da cidade de Santiago de Compostela, a Catedral, sumouse hoxe a En negro contra a violencia, campaña impulsada dende o Concello para loitar contra a lacra das violencias machistas.
POLÍTICAS SOCIAIS
A praza do Matadoiro acolle unha Neveira Solidaria
A Asociación Sahebbi, en colaboración coa ONG vasca GBGE, instalou na praza do Matadoiro unha Neveira Solidaria para que a cidadanía deposite os seus excedentes alimentarios e outras persoas poidan consumilos. O Concello tamén presta o seu apoio a esta iniciativa, que trata de educar no consumo consciente e responsable da alimentación e que fomenta un modelo de sociedade colaborativa co medio e coas persoas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia retransmitirá o concerto deste xoves en directo por internet
A Real Filharmonía de Galicia celebra este xoves o seu concerto semanal de abono no Auditorio de Galicia. A cita comezará ás 20:30 horas. O concerto retransmitirase en directo por streaming a través da web da orquestra (www.rfgalicia.org) e das súas redes sociais. A batuta levara o novo principal director convidado da agrupación, o mestre londiniense Jonathan Webb, que substitúe a Christoph König.
CONSORCIO
O recoñecido violinista londiniense Anthony Marwood formará neste instrumento a intérpretes noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de participar ao longo do ano nunha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado violinista londiniense Anthony Marwood. Ademais do alumnado da Escola, intérpretes externos ao centro poderán asistir a estas sesións como oíntes.
ACCIÓN CULTURAL
"While the women are sleeping", este xoves en Cineuropa
A programación deste xoves en Cineuropa trae a proxección de While the women are sleeping (Mentres elas dormen). Ademais, chega a tradicional película sorpresa. Ao longo do día ofreceranse pistas a través das redes sociais para incrementar (ou minguar) a intriga.