ALCALDÍA
Sánchez Bugallo visita a concentración de coches antigos no Obradoiro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou á IX Concentración de Coches Clásicos, organizada pola asociación de comerciantes Compostela Monumental e polo Automóbil Club de Galicia, coa colaboración do Concello de Santiago. No acto tamén estivo presente o portavoz do PP, Alejandro Sánchez-Brunete.
ALCALDÍA
Recepción a unha delegación do Comité Internacional de Medicina Militar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu unha delegación do Comité Internacional de Medicina Militar. Ao acto, no que tamén estivo presente o voceiro do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, asistiron unha ducia de representantes dos comités de investigación e de sanidade da institución.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor de Agadea de apoio a enfermos/as de Alzheimer e as súas familias
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado no Hotel San Francisco á gala conmemorativa do XXV aniversario da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer. O rexedor felicitou á presidenta de Agadea, Isabel Gey, polo labor social de apoio, información e axuda que a entidade ofrece ás familias e aos/ás enfermos/as; e destacou a importancia do novo centro de día que dentro duns meses abrirá en Salgueiriños.
EMPREGO
Santiago de Compostela acolle Talentia Summit 2019, o maior cume do talento e o emprego, do 21 ao 23 de outubro
O luns 21 de outubro comeza Talentia Summit ’19, un gran encontro do talento e do emprego. Este evento pretende un referente a nivel galego respecto á xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. A capital de Galicia acollerá preto dun centenar de empresas punteiras e personalidades de relevancia, como a ministra de Economía e Empresa en funcións, Nadia Calviño.
MEDIO RURAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA
Todo listo para o inicio do FICRURAL 2019
Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación de crise do rural, o Foro Internacional da Economía e Cultura Rural (FICRURAL 2019) nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo innovador e creativo para o rural. A cita, organizada polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, é do 22 ao 28 de setembro na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos da cidade e do rural...
ALCALDÍA
Máis colaboracións para o estudo e difusión do fenómeno xacobeo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura o XXI Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou o XXI Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que se celebra entre este xoves e o sábado no Auditorio Abanca.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto presenta a súa edición máis atrevida con 57 filmes a competición
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine celebrará entre os próximos 28 de setembro e 6 de outubro a súa 16ª edición, e faino mantendo a súa aposta por traer a Galicia grandes nomes ao lado de novas figuras do cinema e a cultura visual contemporáneas, nun programa sempre comprometido coa calidade artística, as últimas tendencias cinematográficas, a interdisciplinariedade e sempre mantendo ese carácter gamberro pero rigoroso. Ás proxeccións súmanselle tamén...
FACENDA
Aprobado definitivamente o orzamento municipal para o exercicio 2019
Este xoves, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o anuncio da aprobación definitiva do orzamento e do cadro de persoal para o exercicio 2019. Ao retirarse a única alegación presentada, xa poden entrar en vigor estas contas, por importe de 109.876.024,97 euros, ás que, sumadas as do Auditorio, Tussa e Incolsa, deixan un orzamento consolidado final de 113.229.022,02 euros.
PARQUES E XARDÍNS
Entregadas as hortas urbanas de Belvís de Abaixo
As 26 hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo foron entregadas este mércores nun acto celebrado no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). O sorteo e adxudicación das hortas estivo presidido pola comisión avaliadora das solicitudes, formada pola concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro; o xefe do Departamento de Parques e Xardíns, Gregorio López; e o xefe do Departamento de Medio Ambiente, Ángel Pérez. Tamén estivo presente persoal de Ferrovial Servicios, a empresa...