CULTURA

Euloxio Ruibal protagoniza o primeiro dos Roteiros Literarios de Compostela

13/06/2011

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Asociación de Escritores en Lingua Galega poñen en marcha unha nova actividade en Compostela que, baixo o título de Roteiros Literarios, consiste nun paseo acompañado dun escritor que fará diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos. O primeiro dos roteiros celebrarase o martes 14 de xuño con Euloxio Ruibal, para continuar o 28 deste mes con Marilar Aleixandre. No mes de agosto haberá dous novos roteiros.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Recoñecemento ás nenas e nenos solidarios

13/06/2011

O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron no pasado Nadal Solidario, proxecto organizado pola Concellería de Participación Cidadá. Asistiu tamén a titular en funcións deste departamento, Guadalupe Rodríguez.

Ler máis

CULTURA

A gala internacional "Campo de estrelas" pon punto e final a Compostela Máxica 2011

10/06/2011

A V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica 2011, organizada pola Concellaría de Cultura, despídese esta fin de semana coa celebración da gran gala "Campo de estrelas", que reunirá os mellores ilusionistas do panorama internacional. O Auditorio de Galicia acollerá o sábado e domingo a partir das 21:00 horas as actuacións dos ilusionistas franceses Norbert Ferré, Erik Lantine&Valerie e Jerome Murat, do catalán Charlie Mag e do galego Mago Vituco.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago acolle o Nobel de Medicina de 1993

09/06/2011

O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao Premio Nobel de Medicina en 1993, sir Richard Roberts, que se atopa en Santiago con motivo da sexta edición do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio da cidade e a USC.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e o Cabildo organizan un ciclo de conferencias e unha exposición divulgativa sobre o Plan Director da Catedral

08/06/2011

O 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que se conmemora este ano 2011, vai servir para poñer en valor o Plan Director da Catedral, o documento oficial que establece as pautas, condicións, custos e a programación das actuacións necesarias para a súa rehabilitación, e que, deste xeito, botará a andar de maneira definitiva.

Ler máis
Compartir: