CULTURA
O II Ciclo Revelando Voces continúa con dous novos concertos nos CSC de Conxo e do Castiñeiriño
O II Ciclo Revelando Voces continúa con dous novos concertos esta semana. O mércores 21, no CSC de Conxo, tempo para gozar coa música de Miguel Alonso, e o xoves 22, no CSC do Castiñeiriño, coa de O Leo i Arremecághona!!!.
TURISMO
Xornalistas brasileiros visitan Santiago
Turismo de Santiago recibiu a oito xornalistas brasileiros que visitan a capital galega nunha viaxe de familiarización organizada en colaboración coa Oficina de Turismo Española de Sao Paulo.
CONSORCIO
Harold Varmus, Premio Nobel de Medicina 1989, abre a edición 2008 do programa ConCiencia
Unha das maiores autoridades científicas mundiais na investigación do cancro, Harold Elliot Varmus, abrirá en Santiago a edición de 2008 do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago en colaboración co Consorcio e coa Fundación Caixa Galicia.
CIDADE HISTÓRICA
Rematados os traballos de consolidación de pavimento da rúa Bautizados
A Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica impulsou as obras de consolidación do pavimento da rúa Bautizados que foron realizadas entre o 7 de abril e o 16 de maio. No total foron 25 xornadas de traballo, 5 menos das 30 previstas inicialmente. O proxecto contou cun orzamento total de 27.296 euros para cubrir os traballos necesarios de reposición e reparación do enlousado de pedra existente nesa rúa.
ALCALDÍA
Celebradas as Xuntas Xerais das empresas municipais EMUVISSA, TUSSA e INCOLSA
No salón de plenos do Concello, tiveron lugar as tres Xuntas Xerais Ordinarias das Empresas Municipais EMUVISSA, TUSSA e INCOLSA, presididas polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nas mesmas procedeuse á aprobación das contas anuais, dos informes de xestión e da distribución dos resultados relativos ao exercicio 2007, así como a redacción, lectura e aprobación das correspondentes actas.
CONSORCIO
O Consorcio aproba a encomenda de xestión do Concello para o mantemento dos enlousados da Cidade Histórica
A Comisión Executiva do Consorcio aprobou a encomenda de xestión a favor do Concello para o mantemento dos enlousados do Casco Histórico. As actuacións de conservación iniciaranse a partir do mes de xullo e destinarase un orzamento de 150.000 euros. Para 2009, o investimento para estas tarefas de mantemento será de 300.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A rede Wimax no casco histórico estará lista antes do remate de 2008
A Xunta de Goberno deu conta da resolución da Secretaría de Estado de Telecomunicacións de modificación de execución do proxecto da rede Wimax para o casco histórico. Este cambio consiste na redistribución do orzamento entre partidas.
EMPREGO
Visto boa ao proxecto Persoa IV e ao Plan de Acción Local polo Emprego
O Ministerio de Administracións Públicas (MAP) aprobou a concesión dunha axuda do Fondo Social Europeo de 1.320.000 euros para o proxecto do Pacto Local polo Emprego de Santiago 2008-2011, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
TURISMO
Curtocircuíto estará no Festival de Cannes
Tim Redford, director do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, estará presente no Festival de Cinema de Cannes para achegar as actividades de Curtocircuíto aos profesionais internacionais que se darán cita na cidade francesa.
ALCALDÍA
O alcalde perfila en Madrid a participación de Santiago na Exposición Universal de Xangai
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Madrid co presidente da Sociedade Estatal de Exposicións Internacionais (SEEI), Javier Conde, para falar da presenza de Santiago na Exposición Universal de Xangai 2010.