DEPORTE
Máis de 400 nenos e nenas participan o sábado en San Lázaro na concentración de escolas de rugby da Federación Galega
O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro acolle este sábado a concentración de escolas de rugby da Federación Galega deste deporte, na que participarán máis de 400 nenos e nenas de diversos clubs de Galicia. Na rolda estiveron a concelleira de Deporte, Noa Morales; a presidenta da Asociación Valentes-Club Deportivo Lobos, Beatriz Álvarez Germil, e o adestrador e director da Escola de Rugby da Asociación, Álvaro Caride.
ALCALDÍA
O Concello denuncia a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias zonas da cidade
O Concello de Santiago vén de denunciar a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias rúas, nos que se daba conta da posibilidade de pegar carteis ou facer graffitis en diferentes muros da cidade. A Policía Nacional xa abriu dilixencias ao respecto.
CENTROS CÍVICOS
Concerto ROM no Centro Cívico de Conxo
Este sábado 25, ás 20:00 horas, o Centro Cívico de Conxo acolle o Concerto ROM, no que participará o grupo Sastipën Talî e o Quintento NÓs, encabezado por Marcos Teira.
TURISMO
As pernoctacións en Santiago crecen en abril un 19% e logran o seu máximo histórico neste mes
O pasado mes de abril, os establecementos hoteleiros de Santiago de Compostela rexistraron 126.406 pernoctacións, segundo os datos publicados hoxe polo INE. É a mellor cifra de pernoctacións na cidade nun mes de abril, superando incluso as pernoctacións do Ano Santo 2010 no mesmo mes. Esta cifra foi posible grazas a un crecemento do 19,16% respecto do mesmo mes do ano pasado.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os/as traballadores/as municipais no día de Santa Rita de Casia, a súa patroa
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
EMPREGO
A Axencia Local de Colocación inicia a inscrición en varios cursos e talleres no ámbito das TIC
A Axencia Local de Colocación organiza a segunda e terceira edición do workshop "Progresa dixitalmente", en colaboración con Facebook. Ademais, xunto coa Cámara de Comercio, pon en marcha tres novos cursos no ámbito das TIC: un sobre deseño e impresión 3D, outro sobre robótica e un máis sobre programación electrónica aplicada. A inscrición pode realizarse a través da páxina web da Axencia Local de.../em>
LINGUA
O Proxecto Youtubeir@s busca fortalecer no mes de xuño a comunidade creadora en galego na rede a través de dous encontros
No marco do Proxecto Youtubeir@s, Santiago e A Coruña acollerán dous encontros co obxectivo de establecer relacións de intercambio e debate entre o público e a comunidade creadora de contidos en Youtube. O acto "Youtubeir@s en conexión" desenvolverase na Coruña o 8 de xuño, mentres que Santiago acollerá o 28 de xuño o encontro "Lista de reprodución ao vivo".
LINGUA
Continúan as sesións do "Conto viaxeiro"
Durante os meses de maio e xuño celébrase unha nova edición do Conto viaxeiro, unha iniciativa do Departamento de Lingua dirixida ao alumnado 4º curso de Educación Primaria. As sesións arrincaron o pasado 2 de maio no CEIP Lamas de Abade e rematará o 20 de xuño no Colexio San Pelayo-Enma.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese a inscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música
A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de publicar a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música para o curso 2019/2020. Así, o prazo de preinscrición para este novo alumnado estará aberto dende este xoves 23 de maio ao mércores 5 de xuño.
TURISMO
Santiago promociónase en Frankfurt como destino de congresos e eventos internacionais
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participa no IMEX Frankfurt, a feira profesional de Turismo de Reunións e Incentivos, que se celebra entre o 21 e o 23 de maio. Trátase da feira especializada do sector de congresos, reunións e incentivos máis importante do mundo, con máis de 3.500 expositores de máis de 150 países.