TRANSPORTE PÚBLICO

O plan de transporte comarcal achegará melloras do servizo

10/02/2006

O Concello de Santiago someterá á aprobación do Pleno municipal o xoves 16 de febreiro o convenio para o desenvolvemento do transporte metropolitano na área de Compostela. A posta en funcionamento do transporte metropolitano comarcal, que implicará novidosas melloras para o usuario, podería completarse antes do verán.

Ler máis

REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA

Técnicos en rehabilitación de Latinoamérica visitan Compostela

09/02/2006

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, expresou os seu agradecemento á directora do Programa de Patrimonio Cultural de Iberomérica (AECI), Amparo Gómez-Pallete, por escoller a nosa cidade como un dos exemplos de rehabilitación modélicos para ser visitados por un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI).

Ler máis

REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA

O alcalde recibe á un grupo de técnicos latinoamericanos en rehabilitación

08/02/2006

Un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI) visitará o xoves, 8 de febreiro, Santiago de Compostela ao obxecto de coñecer a experiencia de rehabilitación do patrimonio histórico da capital de Galicia, recoñecida internacionalmente con numerosos premios e distincións polo seu carácter exemplar.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil

08/02/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil, José María Ezeiza Díaz, quen tomou posesión do seu novo destino en Compostela o pasado 10 de xaneiro.

O novo responsable da Garda Civil nun ámbito de dezasete municipios departeu con Sánchez Bugallo sobre aspectos concernentes á seguridade na nosa cidade.

A preguntas da prensa Ezeiza Díaz lembrou que Galicia está por baixo da media estatal nos índices de...

Ler máis

CULTURA

Comenza o ciclo de cine "8 Olladas para o Milenio"

08/02/2006

A Coordenadora Galega de ONG’s polo Desenvolvemento, en colaboración coa Dirección Xeral de Coopoeración Exterior da Xunta de Galicia e da concellería de Cultura do Concello de Santiago, organiza, do 9 ao 12 de febreiro, no Teatro Principal, o ciclo de cinema solidario " 8 Olladas para o Milenio".

Ler máis
Compartir: